10. Joep Leerssen: Espertares nacionais, soños étnicos: Os mitos europeos e o rexurdimento

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

10. Joep Leerssen: Espertares nacionais, soños étnicos: Os mitos europeos e o rexurdimento

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
O profesor Joep Leerssen analiza nesta intervención a creación da mitoloxía identitaria europea a partir do último terzo do século XVIII, coa contribución dos estudos filolóxicos. Afirma que o termo mitoloxía “se pode aplicar tanto a unha empresa académica (a mitoloxía como estudo académico dos relatos míticos) como ao obxecto desa empresa (a mitoloxía como corpus de relatos míticos)”. Aplicado a Galicia, será o relato celta creado por Verea e Vicetto primeiro e fundamentalmente por Murguía o utilizado para identificar a Galicia como un territorio alleo á cultura española, sobre todo a raíz das colaboracións e textos do Patriarca de Arteixo: “A cousa mudou moito coa figura, de importancia cardinal, de Manuel Murguía”; “A diferenza do resto de España e en común con Bretaña, Gales, Irlanda e Escocia, Galicia co seu tempo chuvioso e a música de gaitas chegou a verse como celta”. Ata chegar a estas conclusións, Leerssen parte da definición de lendas e mitos entre os estudosos europeos de fins do setecentos, e como as súas reflexións pasaron de identificar o pasado grecolatino como o común europeo a facer diferenzas entre o sur de Europa —que tería en Homero o seu principal narrador— e o norte do continente —onde sobresae o Ossian de Macpherson—. Neste cambio tiveron certa responsabilidade os novos estudos filolóxicos, como se aprecia na mitoloxía xermánica que logo dominará, a través do Romanticismo, o continente europeo: “O comezo da mitoloxía xermánica serve tamén para ilustrar ata que punto o desenvolvemento dos estudos mitolóxicos seguía de preto os pasos da nacente disciplina académica da lingüística comparada e chegou a ir ligado á filoloxía”. As lendas recuperadas polos irmáns Grimm constitúen un exemplo válido, xa que son comúns desde o Atlántico ata Rusia ou Bulgaria. No século XIX, os estudos filolóxicos vanse asentando entre os estudosos do pasado ao tempo que van pulindo a mitoloxía das décadas anteriores, quitándolle toda a fantasía posible; aínda así, “a construción nacional romántica vén, pois, cun espello retrovisor mitolóxico de fábrica”.


Espertares nacionais, soños étnicos: Os mitos europeos e o rexurdimento

Joep Leerssen, da Universidade de Amsterdam
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
10. Joep Leerssen: Espertares nacionais, soños étnicos: Os mitos europeos e o rexurdimento
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Relator/a
Joep Leerssen
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)