conferencia: O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

O(S) SENTIDO(S) DA(S) CULTURA(S)

Fernando Castro Flórez

La obra de arte en la época de la perogrullada incesante

Información
Fernando Castro afirmou durante o seu discurso, que o código da arte contemporánea é o minimalista e referiuse á dimensión turística da cultura e á dimensión cultural do turismo, á importancia do escaparate e do embalaxe, do envoltorio. En realidade, o que se busca é a consecución do maior impacto, a meirande repercusión. Tamén a visualización, aínda que “estamos narcotizados polo abismo da banalidade” e pola desmemoria. Para Fernando Castro a nosa cultura máis que da construción é unha cultura da demolición. “O postarte é unha arte completamente banal: unha arte inconfudiblemente cotidiana, nin kitsch nin arte elevada, senón unha arte intermedia que confire glamour á realidade cotiá mentras simula analizala. Intenta ou simula ser crítica, cando en realidade é unha estratexia de desenmascaramento que, finalmente, recurre dun xeito permanente ao espectacular, quere decir, á dimensión do entretenemento”, afirmou. Nesas circunstancias, coa maxia derrotada e todo fora de quicio, pode entenderse a necesidade de reconsideralo todo desde o principio na procura de mellores resultados, rematou citando a Guy Debord.
Ficha técnica
Fernando Castro Flórez
Fernando Castro Flórez
Conferencia.
Relator/a
Fernando Castro
Organiza
Consello da Cultura Galega

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Warning: Unknown: 1 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0