exposición: O soño cubano da emigración galega

O SOñO CUBANO DA EMIGRACIóN GALEGA

O soño cubano da emigración galega

Museo do Mar de Galicia, Vigo, do 18 de xuño ao 15 de xullo de 2020
Información

Nas vésperas da I Guerra Mundial, A Habana era a segunda cidade do mundo onde máis galegos e galegas moraban, despois de Bos Aires. A dimensión da comunidade inmigrante galega dende 1830, e nomeadamente entre 1890 e 1920, medrou de xeito continuo. Iso fixo da colectividade galega de Cuba, artellada en centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais, un foco dende o que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe. Igualmente, a inmigración galega, cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade, deixou unha fonda pegada na sociedade, na cultura e na literatura cubanas até 1959, e cuxos trazos son perceptibles na actualidade.


Esta exposición aspira a narrar e recrear as fases e facetas principais desa epopea migratoria, dende a chegada dos inmigrantes até o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba, e mais a pegada deixada polos galegos e galegas na sociedade cubana.


 


 

Ficha técnica
O soño cubano da emigración galega
O soño cubano da emigración galega
Exposición. Museo do Mar de Galicia, Vigo, do 18 de xuño ao 15 de xullo de 2020
Museo do Mar de Galicia