13. Slavoj Žižek: A tolerancia como categoría ideolóxica

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

13. Slavoj Žižek: A tolerancia como categoría ideolóxica

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
O filósofo esloveno Slavoj Zizec reflexiona sobre a relación que se establece entre cultura e política e a presenza dos valores ou hábitos occidentais como elemento calibrador dos actos dos seres humanos. Estes valores son os que sinalan o que é válido ou aceptable e o que é negativo ou rexeitable, e como a práctica política se tingue de cultura para enmascarar determinados problemas que se definen baixo o paraugas da “intolerancia” e que noutro momento histórico serían cualificados de “explotación” ou simplemente de “inxustiza”, ao situar a fonte principal dos conflitos de hoxe no “choque de civilizacións”.
Para construír o seu argumento, o autor bota man de autores e elementos culturais e simbólicos recoñecibles: películas como Apocalypse Now, o pensamento de Claude Lefort ou conceptos como o de liberdade de elección ou Dereitos Humanos son utilizados para explicar determinadas culturas e tradicións que ao tempo que chocan co pensamento occidental, como pode ser a da ablación, serven para xustificar outros como o da subordinación da muller ou dos homosexuais en moitos países que se consideran desenvolvidos.
Onde se aprecia a preeminencia de occidente en todo este tramado de ideas? O máis evidente son os Dereitos Humanos, construídos en Europa e que, desde a súa formulación no Antigo Réxime, sufriron diversas mutacións até hoxe: “Os dereitos humanos universais, son, efectivamente, os dereitos que teñen os propietarios, homes e brancos a faceren libres intercambios mercantís e a explotaren os traballadores e as mulleres”. E aquí aparece a outra teima de Zizek, o capitalismo e a súa expansión polo mundo até converterse en hexemónico e transversal a todas as culturas.


Slavoj Žižek.


Debate.
Documento
Publicación
sentido(s) da(s) cultura(s)¬O(s)
O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
Ramón Máiz Suárez, Compilación. | 2012
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
13. Slavoj Žižek: A tolerancia como categoría ideolóxica
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Relator/a
Slavoj Zizek
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)