LGTBIQ+

Achegas ás contribucións das teorías queer e os estudos LGBTIQ no descubrimento e construción de novas visións do mundo.

A diversidade afectivo-sexual en tempos de pandemia

Día do Orgullo 2020

Venres, 26 de xuño de 2020
Información
“Que significa para vós celebrar o Orgullo?” Con esta pregunta comeza este coloquio, organizado pola Sección de Pensamento e conducido por Carme Adán, con motivo do Orgullo LGTBI que se celebra anualmente o 28 de xuño. Nel participan Eva Mejuto - divulgadora, activista e organizadora do festival Pinto ou maragota no Concello de Pontevedra- e Enrique Latorre, investigador na Facultade de Ciencias da Educación da USC con intereses nos Estudos Sociais da Ciencia e da Tecnoloxía (CTS), nas epistemoloxías feministas e nos Estudos sobre sexualidades non normativas. Presentamos un intercambio de ideas, experiencias e impresións sobre os activismos LGBTI e as vivencias nestes tempos de confinamento. Temas como a educación ou a relación co feminismo forman parte da conversa. Así, as contertulias abordan un percorrido polas aulas, con especial énfase na “Rede educativa galega de apoio LGBTI” e o seu traballo nos centros de ensino. Asemade, non foxen da reflexión sobre os espazos compartidos cos feminismos e as tensións que por momentos agroman a respecto do queer. Por último, coa mirada posta na realidade galega e recoñecendo un pasado de disidencias, activismos e loitas avógase por recoñecer a importancia da comunidade. Este é un bo momento para pensar na vulnerabilidade da vida humana que nos interpela e obriga, ao mesmo tempo, a reflexionar con profundidade sobre os afectos que habitamos. Son tempos de afianzar as conquistas de liberdade logradas, de intensos debates e propostas de futuro. Ser feliz segue a ser revolucionario.

Ficha técnica
A diversidade afectivo-sexual en tempos de pandemia
A diversidade afectivo-sexual en tempos de pandemia
Mesa redonda. Venres, 26 de xuño de 2020
Modera
Carme Adán Villamarín
Participante
Enrique Latorre
Eva Mejuto
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205