Adegas da Memoria: arqueoloxía emocional na Ribeira Sacra

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Adegas da Memoria: arqueoloxía emocional na Ribeira Sacra

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 31

Martes, 14 de xullo de 2020
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Adegas da Memoria: arqueoloxía emocional na Ribeira Sacra

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 31

Martes, 14 de xullo de 2020 Santiago de Compostela
A parroquia de San Mamede de Vilachá de Salvadur é a única do concello da Pobra do Brollón (Lugo) que se atopa na ribeira do río Sil en plena zona vinícola da Ribeira Sacra. Dende antigo, os seus viños teñen sona en toda a bisbarra. Nunha estrema do Val do Frade, no topo dunha sorte de esporón penedío, localízase o lugar coñecido pola veciñanza como Os Conventos. A tradición oral sitúa aquí un antigo mosteiro, que incluso contaba con cárcere e outras dependencias. O certo é que se documentan en superficie materiais de orixe antrópica (tellas, lousas perforadas, cerámica) e un senlleiro conxunto de estruturas arquitectónicas que racha coa disposición dos socalcos das viñas. Apriori, semella ser este o soar onde se ergueu un pequeno mosteiro, de nome San Martiño de Piñeira, do que hai constancia documental por unha doazón de 1124 do emperador Afonso VII. Posteriormente este cenobio pasou a depender do mosteiro cisterciense de Montederramo, propietario de gran parte das adegas de Vilachá até a desamortización.

A comunidade de montes da parroquia de Vilachá iniciou nos últimos tres anos un proceso de apoderamento patrimonial co gallo de poñer en valor os restos arqueolóxicos da zona. A fins de 2018 amosou o seu interese en investigar esta paraxe dos Conventos. Esta demanda foi canalizada polo Concello da Pobra do Brollón, que desenvolve un ambicioso programa de socialización do patrimonio, con relación á potenciación do Camiño de Inverno a Compostela e á declaración como BIC da Ribeira Sacra.

Esta confluencia de intereses deu como resultado o presente proxecto arqueolóxico, o primeiro que tenta, na Ribeira Sacra luguesa, fornecer datos empíricos sobre a orixe do monacato medieval no canón do Sil e da paisaxe vinícola asociada. Así mesmo, esta intervención foi deseñada participando do enfoque propio da Arqueoloxía Pública e a Arqueoloxía en Comunidade. No marco do proxecto xorde a webserie Adegas da Memoria, que se pode ver de balde na Rede.
ASISTENCIA
Non é preciso realizar a inscrición. Non haberá diploma acreditativo.
O encontro será gravado previamente e poñerase a disposición do público no web consellodacultura.gal ou, con posterioridade, na nosa Mediateca.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Adegas da Memoria: arqueoloxía emocional na Ribeira Sacra
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 31
Cando
Martes, 14 de xullo de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Relator/a
Xurxo Ayán Vila
Xosé Gago García-Brabo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Fotografía da portada: Ursula Neilson