Os xoves (RE)PENSAMOS

As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada
Información
O politólogo da Universidade de Florencia, Mario Caciagli, ofrécenos neste texto unha interesante reflexión sobre o significado do concepto subcultura política e a súa aplicación a un espazo concreto, a Toscana. A cultura política, definida polo pensamento e as ideas da cidadanía, está formada por varias subculturas que se corresponden con territorios. Neste caso fai referencia á subcultura vermella do norte italiano. Unha rexión onde primeiro o socialismo e, despois da derrota do fascismo en 1943, a omnipresencia do Partido Comunista, creou un laboratorio onde o esquerdismo se fixo forte e contribuíu a construír o mito do progreso, da emancipación obreira e campesiña e da democracia.
Comeza o escrito explicando que se entende, desde a ciencia política, por cultura política: “A manifestación de opinións e actitudes de individuos, ideas e valores”. A análise territorial leva a poñer a lupa na Toscana, unha das principais rexións esquerdistas da Europa posterior a 1945, xunto á Turinxia e Saxonia alemanas, e á periferia de Viena en Austria e de París en Francia. En todas elas, os comunistas recolleron a herdanza socialista dos anos vinte e construíron o mito da “rexión vermella” que foi esmorecendo a partires da década de 1980 e derrubándose a partires de 1991, coa caída do muro de Berlín e o “paraíso” soviético: “A revolución rusa era un dos mitos fundadores do partido e un valor persistente da cultura vermella da posguerra”. O antifascimo, elemento hexemónico e de unión até ese intre, deixou de ter sentido: “A caída do muro de Berlín e o afundimento dos sistemas do leste levaron ao cambio de nome do partido que abandonou o comunista despois de setenta anos”. O único que lle queda á subcultura vermella italiana é a oposición a Silvio Berlusconi, é dicir, non un intento de crear unha nova sociedade, senón de frear unha tormenta ideolóxica que se aveciñaba en 2010 e que descargou con toda a súa forza en 2019 co triunfo de Mateo Salvini da Liga Norte.


Mario Caciagli
Ficha técnica
15. Mario Caciagli: Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial. As rexións vermellas en Italia
15. Mario Caciagli: Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial. As rexións vermellas en Italia
Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS
Relator/a
Mario Caciagli
Organiza
Consello da Cultura Galega