Diálogos confinados (12): A enogastronomía

Diálogos confinados

Diálogos confinados (12): A enogastronomía

DIÁLOGOS CONFINADOS (12)

Luns, 13 de xullo de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Nesta duodécima entrega de Diálogos confinados,
Manuel Gago, director de culturagalega.gal dialoga con:

Miguel Vila. Xornalista cunha dilatada experiencia na produción de contidos xornalísticos sobre gastronomía nos máis variados soportes e estudoso da gastronomía na literatura galega (www.miguelvila.com)

Cristina Alcalá. Socióloga e experta na produción, creación e difusión de iniciativas para a divulgación do mundo do viño (www.almacarraovejas.com)


Nun país -o galego- e nun tempo -o estival- no que as citas das festas gastronómicas multitudinarias encherían o mapa e calendario, a "nova normalidade" provocada pola pandemia do covid-19 fai mudar os escenarios, os consumidores e as buscas de novos camiños da enogastronomía. Se durante o confinamento a práctica culinaria foi extendida en moitas casas (con esgotamento de produtos como a levadura incluídos), se produciu un incremento da venda de viño online e a apertura negocio dixital, non só da man da venda directa senón do marketing, a comunicación, a creación de marca e a formación, queda por constatar o pouso que deixan estas tendencias no futuro. Por outro lado, os descubrimentos que se están a producir nas últimas décadas non só de novas materias primas, senón da importación de técnicas culinarias alleas podería producir unha auténtica revolución no ámbito enogastronómico. Serán os vaos, os tacos ou o ceviche a nova cociña tradicional galega do futuro, tal e como sucedeu no seu día coa importación do churrasco por parte dos emigrantes e que agora forma parte indisoluble da nosa cultura gastronómica? A explosión creativa con novos caldos e produtos máis alá das tradicionais denominacións de orixe asentarase nos consumidores ou será unha moda efémera? Será o turismo do viño unha oportunidade para moitas adegas pequenas que deberán actualizar a súa oferta tanto de servizos como dixital? As respostas virán da man do mañá, pero se existe algunha certeza é que a enogastronomía é un ser vivo que demostrou ao longo dos séculos a súa capacidade de adaptación aos novos tempos.



LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
Esta serie de entregas audiovisuais, a modo de pílulas culturais, ten por obxectivo tomarlle o pulso á cultura galega nesta situación de parálise provocada pola COVID-19.
Diferentes voces dos múltiples ámbitos que abrangue o complexo sector cultural achegarannos as súas percepcións sobre a realidade que están a vivir mediante breves diálogos moderados por persoas vinculadas ao Consello da Cultura Galega. Coñeceremos así tamén as súas expectativas de futuro a curto e medio prazo e mais que medidas cren necesario adoptar para paliar os estragos que está a causar no mundo da cultura. O obxectivo é tecermos unha radiografía polifónica da cultura confinada desde Galicia, coas súas perspectivas e demandas para un futuro inmediato.
Con esta aposta, xunto cos informes que está a realizar do xeito continuo o Observatorio da Cultura Galega e co traballo xornalístico do seu portal de divulgación cultural culturagalega.gal, o Consello da Cultura Galega quérese facer eco da preocupación do mundo da cultura e contribuír a sumar propostas que enriquezan o debate sobre o futuro dun sector, o cultural, que se demostrou esencial para as nosas vidas.
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Diálogos confinados
Diálogos confinados (12): A enogastronomía
DIÁLOGOS CONFINADOS (12)
Cando
Luns, 13 de xullo de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Modera
Manuel Gago
Participante
Cristina Alcala
Miguel Vila