17. Monica Threlfall: "A representación política ideal d@s cidad@(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia"

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

17. Monica Threlfall: "A representación política ideal d@s cidad@(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia"

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Na segunda década do século XXI, os movementos sociais antisistema irromperon nas democracias europeas. Aos berros que demandaban maiores cotas de liberdade uníuselles un que se converteu no lema de todos eles, o de ‘Non nos representan’, cuxo significado ía máis alá da protesta conxuntural, xa que supuxo unha crítica lanzada aos mesmos cimentos do sistema, a porcentaxe de representación que os políticos teñen da cidadanía que os votou.
A profesora Mónica Threlfall reflexiona neste texto sobre isto a través de varias preguntas: Como é a representación nos parlamentos? Cal é a relación entre representantes e representados? Estamos ante a crise do sistema tal como o coñecemos? Todas estas cuestións teñen resposta nas ciencias sociais grazas a diversos estudos e experimentos aplicados en diferentes estados a cidadáns e cidadás de distintas condicións, baseándose en se se senten ou non representados polos políticos. Para tal fin, estableceu un estudo comparativo entre as democracias clásicas de Gran Bretaña e Francia, coas da segunda onda democratizadora, como España, e as máis recentes de Polonia e Macedonia. En todas elas se fixeron as mesmas preguntas eas respostas que se obtiveron son moi semellantes. Así, o dilema céntrase en se os parlamentarios son lexisladores ou representantes, disxuntiva esta que xa vén de moi lonxe, polo menos desde a I Guerra Mundial. A resposta que se dea presenta conclusións dispares. Se optamos pola segunda opción, podemos achegarnos a un sistema clientelar: “O traballo dedicado á circunscrición consiste basicamente en compensar agravios, o cal recorda á antiga petición de favores”. Pola contra, se está centrado na lexislación, será o partido político polo cal se presente o auténtico protagonista e, polo tanto, tenderá a separarse daqueles que o elixiron: “Nos sistemas políticos centrados nos partidos, propios das democracias representativas, os parlamentarios teñen poucos incentivos para favorecer o voto persoal porque o partido é quen lles ofrece a súa identidade”.
A isto, hoxe en día úneselle a representación de clase propia do xurdimento dos socialismos obreiros a finais do s. XIX, a de xénero ou a étnica, cada vez con maior peso en sociedades multiculturais como as actuais, nun momento en que organizacións transnacionais como as ONG teñen cada vez unha maior presenza nos Estados.


MONICA THRELFALL
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
17. Monica Threlfall: "A representación política ideal d@s cidad@(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia"
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Relator/a
Monica Threlfall
Organiza
Consello da Cultura Galega