ARTE: IDENTIDADE E GLOBALIZACIÓN
6 e 7 / 20 e 21 de xullo de 2006
Santiago de Compostela
Un dos obxectivos principais da Sección de Artes Plásticas é a realización de actividades destinadas á análise das artes visuais en Galicia, e tamén á divulgación na nosa contorna dos diversos capítulos das artes visuais que se realizan noutros focos culturais, tanto a nivel estatal como internacional, coa intención de achegar novas perspectivas na formación dos e das profesionais e novos elementos ao debate da creación actual en Galicia.
Desde esta perspectiva realizáronse as xornadas "Arte: identidade e globalización", que tiveron lugar os días 6, 7, 20 e 21 de xullo de 2006 no Consello da Cultura Galega.
Neste seminario pretendeuse establecer unha visión ampla e pluriperspectiva dos diversos focos artísticos activos nas respectivas áreas culturais da península ibérica, atendendo a criterios de periferia e forte presenza da súa identidade e memoria. Estas xornadas ofreceron un lugar de debate onde confrontar diversas opinións desde a perspectiva profesional dos diferentes axentes creativos sobre a realidade de moitos territorios que fusionan a demanda da identidade e da globalización, entre a memoria do local e a realidade internacional.
Estas jornadas achegáronse á topografía social, cultural e política que afecta a cada xeografía convidada: Cataluña, Castela e León, País Vasco, Lisboa, Comunidade Valenciana, Andalucía e Galicia, contando coa presenza de axentes desde o ámbito da crítica, a dirección, a historia e a creación.
Xornada
ARTE: IDENTIDADE E GLOBALIZACIÓN
6 e 7 / 20 e 21 de xullo de 2006
Santiago de Compostela
6 DE XULLO
9:30 h.
Recollida e documentación
10:00 h.
Inauguración das xornadas a cargo de Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura e María Luisa Sobrino e Iago Seara, coordinadores das xornadas
10:30 h.
Javier Hernando
Catedrático en Historia da Arte Universidade de León
11:20 h.
Toño Barreiro
Artista visual
12:10 h.
Pausa café
12:30 h.
Rafael Doctor
Director do Museo de Arte Contemporánea de León
13:20 h.
Final sesión de mañá
Sesión de tarde
16:00 h.
Nilo Casares
Crítico e comisario
16:50 h.
Juan de Nieves
Director do Espai d’Art Contemporani de Castelló
17:40 h.
Pausa café
18:00 h.
Daniel García Andújar
Artista visual
18:50 h.
Mesa Redonda
Moderador: Manuel Vilariño
20:00 h.
Final sesión de tarde
7 DE XULLO
10:30 h.
Pedro G. Romero
Artista visual e Director do Centro das Artes de Sevilla
11:20 h.
Santiago Cirugeda
Arquitecto e Artista visual
12:10 h.
Pausa café
12:30 h.
Jesús Rubio
Comisario e Profesor de Historia da Arte da Universidade de Granada
13:20 h.
Final sesión de mañá
Sesión de tarde
16:00 h.
Lourdes Fernández
Directora de ARCO
16:50 h.
Peio Aguirre
Crítico e comisario
17:40 h.
Pausa café
18:50 h.
Mesa redonda
Moderador: Antón Patiño
20:00 h.
Final sesión de tarde
20 DE XULLO
10:30 h.
Anna María Guasch
Crítica de arte, comisaria e Catedrática en Historia da Arte Universidade de Barcelona
11:20 h.
Francesc Abad
Artista visual
12:10 h.
Pausa café
12:30 h.
Nuria Enguita
Directiva da Fundació Tapies
13:20 h.
Final sesión de mañá
Sesión de tarde
16:00 h.
Fernando José Pereira
Artista visual
16:50 h.
Miguel von Hafe Pérez
Crítico e comisario
17:40 h.
Pausa café
18:00 h.
Pedro Lapa
Director do Museo do Chiado
18:50 h.
Mesa redonda
Moderador: Iago Seara
21 DE XULLO
10:30 h.
Alberto Ruiz de Samaniego
Crítico de arte e Profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra
11:20 h.
Carme Nogueira
Artista visual
Pedro de Llano
Crítico e investigador
12:10 h.
Pausa café
12:30 h.
Mesa redonda
Silvia Longueira
Directora da Fundación Luís Seoane
Manuel Olveira
Director do CGAC
Moderadora: Marisa Sobrino
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada
ARTE: IDENTIDADE E GLOBALIZACIÓN
6 e 7 / 20 e 21 de xullo de 2006
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
ARTE: IDENTIDADE E GLOBALIZACIÓN
Xornada. 6 e 7 / 20 e 21 de xullo de 2006