18. Héctor Díaz-Polanco: Tese sobre diversidade, identidade e globalización

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

18. Héctor Díaz-Polanco: Tese sobre diversidade, identidade e globalización

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
O profesor da UNAM Héctor Díaz-Polanco preséntanos, nesta interesante reflexión, os múltiples significados e usos que os termos de diversidade, identidade e globalización teñen na actualidade, dando conta da evolución que experimentaron desde o último terzo do s. XX.

As palabras e a súa definición, ao igual que outras construcións do intelecto, van mudando. Así, se nun principio a globalización foi presentada como unha etapa da humanidade positiva, ao ser sinónimo de igualdade e progreso económico, pasou a ser, ao pouco tempo para algúns grupos políticos e sociais, un exemplo de imperialismo cultural exercido polos máis fortes e ao que os débiles non se podían enfrontar. Hoxe xa adquiriu connotacións máis positivas, ao ser unha das principais causas do rexurdir das identidades: “A globalización non só non provoca a uniformidade cultural agardada ou anunciada, senón que complica o feito cultural e no seu seo rexistra un forte renacemento das identidades”. Xa que logo, a globalización non debe ser catalogada como a responsable da homoxeneización cultural e económica das sociedades. Hai que ir máis alá, como ben indica Díaz-Polanco.

Tamén destaca o autor o rexurdir das identidades en todas as facetas: nacionais, de xénero ou laborais, por citar as máis recoñecidas. A globalización o que conseguiu foi atraer á primeira liña do debate un concepto antigo, o de identidade: “É un fenómeno anterior á globalización, e non depende dela para a súa existencia”, distinguindo deste xeito o de identificación, relacionado con aquel, pero xa propio do fenómeno globalizador.

Por último, destacamos o xogo terminolóxico que o antropólogo e sociólogo mexicano leva a cabo ao empregar asiduamente na súa intervención axiomas como o de “diversidade na globalización”, un oxímoro que adquire sentido na súa análise ao entender o pulo co que a globalización contribuíu ao rexurdir da identidade pero moldeándoa de tal modo que conseguiu transformala en algo global.


Héctor Díaz-Polanco
Documento
Publicación
sentido(s) da(s) cultura(s)¬O(s)
O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
Ramón Máiz Suárez, Compilación. | 2012
Temáticas
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
18. Héctor Díaz-Polanco: Tese sobre diversidade, identidade e globalización
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Relator/a
Héctor Díaz Polanco