19. Anne Phillips: “Multiculturalismo sen cultura”

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

19. Anne Phillips: “Multiculturalismo sen cultura”

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Unha das características da globalización é o multiculturalismo, é dicir, a existencia de varias culturas nun mesmo espazo e a non discriminación de ningunha delas. Esta afirmación presenta, ao descender ao detalle, varios problemas e matices, polo que a intervención e a interpretación pola lexislación correspondente son fundamentais. Disto é do que diserta nesta colaboración a profesora Anne Phillips na conferencia “Multiculturalismo sen cultura”.
O multiculturalismo convértese, en ocasións, nun corpo estraño cando unha cultura minoritaria importada a un lugar é vista como unha ameaza para a maioritaria, que é considerada como a tradicional. Entón entra en xogo a política e os seus representantes, que optan por adaptar ambas as culturas para beneficio da cidadanía mediante a aceptación “duns poucos principios comúns que sexan compartidos e observados por todos os sectores da comunidade”; son os “valores cidadáns”. Non toda a cultura é válida. Tradicionalmente, a primacía do home sobre a muller ou o maltrato animal forman parte da cultura de moitos grupos humanos, o que non é óbice para que sexan admitidos. Phillips exemplifica esta disxuntiva con varios casos en Gran Bretaña, concretamente nunha das cidades máis cosmopolitas do planeta, Londres. Reflexiona sobre conceptos como o de raza, etnia e comunidade: “A raza é unha invención política”, a etnia é unha “categoría creada para tarefas con frecuencia pouco honradas”, o que converte as culturas/identidades en creacións ficticias. Dá conta de exemplos en que as connotacións culturais mesturadas coas identitarias son aproveitadas para culpar ou exculpar accións e delitos violentos, que se xustifican a través da tradición, como o matrimonio concertado, os asasinatos por honor ou a ablación. Non obstante, a cultura non é responsable de todo; é a explicación máis fácil, e non sempre é a correcta; como ben sinala a autora, “a cultura non mata, mata a xente”.



Anne Phillips
Documento
Publicación
sentido(s) da(s) cultura(s)¬O(s)
O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
Ramón Máiz Suárez, Compilación. | 2012
Temáticas
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
19. Anne Phillips: “Multiculturalismo sen cultura”
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Relator/a
Anne Phillips