Retransmisión en aberto. Non é necesaria inscrición previa.
"Arquivos, mulleres e tradición" pretenden ser unhas xornadas interdisciplinares e colaborativas que poñan o foco na muller como portadora de coñecemento patrimonial e xeradora de materiais de arquivo. De xeito complementario ao seminario "Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio" (5 e 6 de febreiro de 2020), estas xornadas achegan un punto de vista centrípeto, unha ollada crítica ás fontes primarias conservadas no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.
Etnomusicólogas, antropólogas, filólogas, arqueólogas e artistas escénicas establecerán como obxecto das súas investigacións o material de arquivo legado por mulleres, co fin de analizar os contextos, as funcións sociais e as potencialidades artísticas que entrañan.
Esta proposta pretende ir máis alá do ámbito exclusivamente académico e tender pontes entre o Arquivo Sonoro de Galicia e outros colectivos de base que traballan co patrimonio cultural galego. Do mesmo xeito, quere establecer dinámicas colaborativas entre as forzas vivas da cultura do país, incluíndo na organización ao Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG e a asociacións culturais dedicadas ao patrimonio inmaterial no ámbito comarcal do Morrazo.
As xornadas estrutúranse en sesións científicas, mesas redondas, documentación audiovisual, presentacións, conversas con informantes…, co fin de atraer a todas aquelas persoas sensibles co patrimonio inmaterial conservado nos arquivos.
MARTES, 13 DE OUTUBRO
10:00 horas
Presentación
Relatorio
Afonso Becerra, dramaturgo
Relatorio
Leni Pérez, música e compiladora
Relatorio
Vero Rilo, narradora
Relatorio
Carme Campo e Chus Caramés, mestras de baile tradicional
18:00 horas
Debate en directo coas participantes
MÉRCORES, 14 DE OUTUBRO
10:00 horas
Conferencia
Montse Fajardo e María Abelleira, Do gris ao violeta
Conferencia
Punto e Volta
XOVES, 15 DE OUTUBRO
10:00 horas
Presentación do material audiovisual documentado polo Arquivo Sonoro a María do Caño, por Xulia Feixoo
18:00 horas
Conversa con María do Caño
Moderada por Guillerme Ignacio
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar nos debates en directo podes facelo a través do correo participa@consellodacultura.gal