AMOR, EDUCACIÓN E IGUALDADE PARA O PROGRESO

Mesa redonda. O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)

AMOR, EDUCACIÓN E IGUALDADE PARA O PROGRESO

Ferrol - Venres, 16 de outubro de 2020 ás 18:00 horas
Ferrol
Mesa redonda
O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)

AMOR, EDUCACIÓN E IGUALDADE PARA O PROGRESO

Ferrol - Venres, 16 de outubro de 2020 ás 18:00 horas Ferrol
O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol a pensadora e escritora Concepción Arenal Ponte. Douscentos anos despois do seu nacemento, queremos conmemorar esa efeméride analizando o seu legado e valorando a súa vixencia, con rigor e tratando de evitar os anacronismos, coa finalidade de difundir a súa obra e pensamento, entre un público interesado, mais non só especializado, para que se coñeza, máis alá do seu nome e dalgunhas frases soltas descontextualizadas, e en especial aquelas ideas que, aínda hoxe, gozan de maior actualidade e interese. Realizaremos ese percorrido retrospectivo pola súa biografía e obra a través dos lugares do país que máis a marcaron: Ferrol, A Coruña e Vigo. E remataremos en Santiago de Compostela, onde daremos conta da súa proxección internacional. Queremos honrar así unha figura destacada da nosa historia cuxa fonda pegada aínda permanece.

Amor, educación e igualdade para o progreso
Concepción Arenal Ponte naceu en Ferrol, lugar que sería determinante na súa vida, ao ser onde transcorreu a súa primeira década, tempo de emoción e formación, o lugar onde o seu pai sufriu a represión absolutista e morreu, e que tivo que abandonar xunto á súa nai e irmás. Revisaremos as súas ideas máis destacadas respecto da educación e a sociedade, tendo en conta as influencias que recolleu o seu pensamento, así como o legado que nos deixou neses aspectos centrais da súa obra.

16 de outubro. Ateneo de Ferrol
23 de outubro. Fundación Luís Seoane, A Coruña
29 de outubro. MARCO, Vigo
6 de novembro. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (35 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
Ferrol
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Mesa redonda.
O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)
AMOR, EDUCACIÓN E IGUALDADE PARA O PROGRESO
Cando
Ferrol - Venres, 16 de outubro de 2020 ás 18:00 horas
Onde
Ferrol
Enderezo

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
Ferrol

Coordinación
Celia Pereira Porto
Relator/a
África López Souto
Celia Pereira Porto
Ana Romero Masiá
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Ateneo Ferrolán