Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas

Simposio

Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas

SIMPOSIO INSTITUTO DA LINGUA GALEGA 2021

5 - 25 de febreiro de 2021
Simposio

Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas

SIMPOSIO INSTITUTO DA LINGUA GALEGA 2021

5 - 25 de febreiro de 2021
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela organiza anualmente un Simposio sobre un tema de interese científico, en que se convida a intervir a investigadores/as das universidades galegas, da península, europeas ou americanas. O Simposio que tocaría celebrar en 2020 tivo que posporse, debido á situación extraordinaria creada pola pandemia mundial e por tal motivo celébrase neste ano 2021. O tema proposto para este Simposio pon o foco nos procesos de estandarización, e conta para a súa realización coa colaboración da rede ECLE (Estandarización Comparada das Linguas de España). Coma sempre, no centro do Simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, canto coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito.

Nalgúns casos trátase de presentacións que ofrecen un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas perspectivas, noutros son intervencións que botan olladas diferentes e novas sobre o estándar e os procesos de estandarización e os distintos modelos de construción do estándar, ou ben que sinalan novas vías de investigación: coma tal, a reconfiguración dos repertorios e rearticulación da arquitectura dos sistemas lingüísticos (monocentrismo/pluricentrismo) e as súas consecuencias, as tendencias cara á des-estandarización, ou mesmo sobre as problemáticas de tipo social, ideolóxico ou identitario que se relacionan co estándar e a estandarización. Un dos aspectos máis innovadores son as olladas comparativas entre distintos procesos de estandarización.

Retransmisión do Simposio
Os relatorios previamente gravados serán publicados neste evento no sitio web do Consello da Cultura Galega. Os debates en directo -de carácter interno para as persoas matriculadas- realizaranse a través da plataforma TEAMS da USC. Dous días despois de cada debate este poderá consultarse no sitio web do Consello da Cultura Galega. Finalizado o simposio, todo o material audiovisual poderá consultarse na mediateca do Consello da Cultura Galega.
A participación nos debates en directo activarase na plataforma citada e remitirase un enlace a cada persoa inscrita. Ademais, poderás enviar preguntas ou comentarios a florentina.xoubanova@usc.gal

Inscrición
As persoas interesadas en asistir deberán cubrir o formulario que se atopa nesta ligazón: http://ilg.usc.es/gl/actividades/simposio-ilg-2020
Pecharase a inscrición no momento en que se alcance o número máximo de prazas (200) e, en calquera caso, como moi tarde o xoves 4 de febreiro ás 12.00 h (GMT+1). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Contacto: florentina.xoubanova@usc.gal

Comité organizador
Coordinación: Henrique Monteagudo, Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela
Secretaría: Carlos Eduardo Deoclécio, Universidade Federal Flumimense / Universidade de Santiago de Compostela / Ifes-Campus Vitória /CNPq
Secretaría técnica: Florentina Xoubanova Montero, Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela

Comité científico
Rosario Álvarez Blanco, Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Elmar Eggert, Chistian Albrechts Universität zu Kiel
Carlos Alberto Faraco, Universidade Federal do Paraná
Filomena Gonçalves, Universidade de Évora
Eva Gugenberger, Europa-Universität Flensburg
Daniela Lauria, Universidad de Buenos Aires / CONICET
Juan Carlos Moreno Cabrera, profesor xubilado da Universidad Autónoma de Madrid
Antón Santamarina Fernández, Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Ficha técnica
Simposio.
Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas
SIMPOSIO INSTITUTO DA LINGUA GALEGA 2021
Data
5 - 25 de febreiro de 2021
Lugar

Comité organizador
Coordinación: Henrique Monteagudo, Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela
Secretaría: Carlos Eduardo Deoclécio, Universidade Federal Flumimense / Universidade de Santiago de Compostela / Ifes-Campus Vitória /CNPq
Secretaría técnica: Florentina Xoubanova Montero, Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela

Comité científico
Rosario Álvarez Blanco, Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Elmar Eggert, Chistian Albrechts Universität zu Kiel
Carlos Alberto Faraco, Universidade Federal do Paraná
Filomena Gonçalves, Universidade de Évora
Eva Gugenberger, Europa-Universität Flensburg
Daniela Lauria, Universidad de Buenos Aires / CONICET
Juan Carlos Moreno Cabrera, profesor xubilado da Universidad Autónoma de Madrid
Antón Santamarina Fernández, Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela

Coordinación
Henrique Monteagudo
Secretaría
Carlos Eduardo Deoclécio
Organiza
Consello da Cultura Galega
Instituto da Lingua Galega