A Facultade de Belas Artes de Pontevedra 30 anos despois
15, 22 e 29 de marzo e 5 de abril de 2021Santiago de Compostela No curso 1990-1991 arrincaba en Pontevedra a historia da Facultade de Belas Artes. Un feito que mudou por completo o ámbito artístico galego e xerou toda unha serie de relacións entre artistas e os diferentes axentes culturais que, ao longo destes trinta anos, fixeron deste centro académico un elemento imprescindible na paisaxe creativa da nosa contorna e mesmo con implicacións no exterior da comunidade.
A través de catro encontros presentaremos unha revisión destes 30 anos con diferentes protagonistas desa relación entre a Facultade e o seu exterior. Persoal docente, alumnado, comisariado e artistas farán unha posta en común sobre o traballo realizado ao longo deste tempo e a situación actual para rematar coas súas posibilidades de futuro. Catro serán as pretensións destas conversas:
- Achegamento á pegada da Facultade de Belas Artes de Pontevedra tras trinta anos.
- Valoración desa xa longa experiencia a través dos seus protagonistas -persoal docente e alumnado- mediante catro encontros ao longo de catro semanas.
- Integración das novas propostas creativas xurdidas da Facultade no tecido artístico de Galicia.
- Análise da situación actual e perspectivas de futuro.
Xornada
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra 30 anos despois
15, 22 e 29 de marzo e 5 de abril de 2021Santiago de Compostela
15 de marzo
Presentación das xornadas
A PEGADA DOCENTE. OS MESTRES ARTISTAS
Modera: Ramón Rozas
- Juan Fernando de Laiglesia
- Manuel Sendón
- Marina Núñez
22 de marzo O ALUMNADO. APRENDIZAXES E REALIDADES
Modera: Ramón Rozas
- Amaya González Reyes
- Rosendo Cid
- Basilisa Fiestras
29 de marzo RECEPCIÓN DA ‘NOVA CREATIVIDADE’ NO ÁMBITO ARTÍSTICO GALEGO
Modera: Ramón Rozas
- Ánxela Caramés
- Susana Cendán
- Ángel Cerviño
5 de abril E AGORA QUE? RETOS CARA AO FUTURO
Modera: Ramón Rozas
- Xosé M. Buxán Bran
- Covadonga Barreiro
- David Fidalgo
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
Os días indicados publicaranse os debates gravados.
Non é necesaria inscrición previa.
Xornada
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra 30 anos despois
15, 22 e 29 de marzo e 5 de abril de 2021Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra 30 anos despois
Xornada. 15, 22 e 29 de marzo e 5 de abril de 2021
Presentación das xornadas
2021-03-15 10:00:00
Rosario Álvarez Blanco
Manuel Quintana Martelo
Xosé Manuel Buxán
Ramón Rozas
A PEGADA DOCENTE. OS MESTRES ARTISTAS
2021-03-15 10:05:00
Modera: Ramón Rozas Juan Fernando de Laiglesia Manuel Sendón Marina Núñez