Escoita comentada. Colección de lousas do Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
24 de marzo de 2021 ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega colabora coa realización das xornadas "O QUE NON SE ESCRIBE. ARQUIVOS SONOROS E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA", que se celebrarán en Santiago de Compostela entre os días 24 e 27 de marzo de 2021.
Unha actividade de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.
Podes consultar o programa en: https://www.luneda.gal/o-que-non-se-escribe.
Pódese seguir en directo no enlace de youtube da entidade organizadora: https://youtu.be/D4dbSblL5w4
Entre as actividades previstas, o Consello da Cultura organiza unha "ESCOITA COMENTADA. COLECCIÓN DE LOUSAS DO ARQUIVO SONORO DE GALICIA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA", realizada por Xosé Ramón Pousa e Cristina Pujales, e que se realizarán de forma presencial o 24 de marzo ás 18:00 horas na sede do Consello da Cultura Galega.
No ASG do CCG consérvanse preto de setecentas lousas de contido galego: desde as primeiras gravacións de 1904 do Coro Aires da Terra de Pontevedra ou os numerosos rexistros editados na emigración bonaerense e cubana, até cancións galegas interpretadas polas voces máis destacadas da época.
A evolución das técnicas de gravación sonora electromagnéticas, en vinilo e cinta magnética e, posteriormente, o son estereofónico, remataron cos gramófonos e retiraron da circulación os discos de pedra, que hoxe son unha rareza custodiada por coleccionistas. As lousas representan os comezos da industria cultural na sociedade de masas e permitiron a conservación até os nosos días tanto das gravacións históricas galegas como das producións sonoras impulsadas pola emigración en América. As setecentas gravacións en pedra que o Arquivo Sonoro de Galicia ten reunidas até o momento, reflicten o noso patrimonio sonoro desde 1900 até finais da década dos 50.
Encontro
Escoita comentada. Colección de lousas do Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
24 de marzo de 2021 ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
18:00 horas
ESCOITA COMENTADA. COLECCIÓN DE LOUSAS DO ARQUIVO SONORO DE GALICIA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Por Xosé Ramón Pousa e Cristina Pujales
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
Para inscribirse ten que enviar un email a comunicacion@luneda.gal indicando o seu nome completo e teléfono e especificando que é esa a actividade á que queren asistir.
Asistencia máxima: 15 persoas.
Esta inscrición é só para asistir de xeito presencial.
Encontro
Escoita comentada. Colección de lousas do Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
24 de marzo de 2021 ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Escoita comentada. Colección de lousas do Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Encontro. 24 de marzo de 2021 ás 18:00 horas