Evento en liña e en directo en consellodacultura.gal
Neste simposio abórdanse as Feiras internacionais do libro (FIL) desde a perspectiva dos Estudos da Cultura, a Socioloxía da Tradución e a Economía da Cultura, cun equipo pluridisciplinar e internacional. O seu obxectivo é mellorar o coñecemento sobre as FIL como instrumentos de promoción cultural e coñecer se a condición de “Convidado de honra” nelas permite un acúmulo estábel e visíbel de capitais (especialmente de tipo simbólico mais tamén económico e cultural) no espazo transnacional das relacións literarias, culturais e políticas.
O encontro reúne especialistas académicos/as que traballan de modo central sobre: a) a perspectiva teórico-metodolóxica dos estudos da Cultura, b) a análise de dinámicas e actantes (organizadores/planificadores, escritores/as, editoras, axencias literarias, tradutores/as, comunicadores, etc.), c) os discursos culturais e d) como se presentan as culturas nas FIL do século XXI.
O simposio insírese no proxecto de investigación CULTURFIL (www.culturfil.org) Nuevas estrategias de promoción cultural. Las ferias internacionales del libro y la condición de invitado de honor (FFI2017-85760-P), financiado pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación e por Fondos FEDER.
EMISIÓN
Todas as intervencións do programa público serán difundidas en directo en aberto a partir do web www.consellodacultura.gal e da canle de youtube do Consello da Cultura Galega. Non é necesaria previa inscrición nin rexistrarse con anterioridade.
A intervención de Gisele Sapiro contará con servizo de interpretación francés-galego. As persoas que requiran o servizo de interpretación terán que enviar un correo previo á organización (
simposio@culturfil.org) para solicitar o acceso interno a este servizo. Recibirán no seu correo un enlace de zoom ao que terán que se conectar para seguir a sesión de modo interno. Para poder acceder ao servizo de interpretación é necesario ter descargada a aplicación de zoom e entrar na sesión con cámara e micrófono apagado. No panel inferior figurarán os idiomas ofrecidos e deberán escoller a canle do idioma no que queiran seguir a sesión. A emisión en aberto realizarase unicamente en idioma orixinal.
10 de marzo
16 h
APERTURA
Consello da Cultura Galega/CULTURFIL
16.15 h - 17.15 h
Presenta: Áurea Fernández
Conferencia: Gisèle Sapiro (EHESS)
Os festivais literarios internacionais. Primeiros resultados
Pausa
17.45 h - 19 h
Presenta: Áurea Fernández
Mesa redonda:
Parámetros de internacionalización
- Entre cultura e negocio. A internacionalización das editoriais, María Fernández Moya (Colexio Universitario de Estudos Financeiros,
CUNEF)
- Como abordar as feiras internacionais do libro? ProLibEx, unha proposta de análise, Carmen Villarino Pardo (Universidade de Santiago de
Compostela)
- Achegas da tradución ao convidado de honra, Iolanda Galanes Santos (Universidade de Vigo)
- Convidados de honra nas FIL e tradución: Quebec en LIBER, Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo)
Pausa
19.30 - 20 h
Presenta: Áurea Fernández
Relatorio:
Actantes das FIL
A promoción institucional nas FIL, Cristina Rubal González, subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro da Xunta de Galicia
11 de marzo
16 h - 17 h
Presenta: Silvia Montero
Conferencia:
Gustavo Sorá (Universidade Nacional de Córdoba)
Investigar as FIL e a internacionalización das culturas
Pausa
17.30 h - 19.30 h
Presenta: Silvia Montero
Mesa redonda:
Desafíos metodolóxicos na investigación sobre as FIL e o convidado de honra
- Indicadores de estudo na Economía da cultura, Francisco Javier Sanjiao Otero e Francisco Javier Núñez Alonso (Universidade de Santiago de Compostela)
- As FIL como lugares de promoción: valor económico, valor cultural e simbólico, Jakson Soares (Universidade da Coruña)
- As FIL nas traxectorias de escritores/as, Franciele Silva (ESEBA da Universidade Federal de Uberlândia)
- Ferramentas para compilar, identificar e recuperar información sobre FIL e convidado de honra: Conifer, Zotero e Resourcespace, Márlio Barcellos Pereira da Silva (Universidade de Santiago de Compostela)
12 de marzo
16 h - 17.15 h
Presenta: Iolanda Galanes
Mesa redonda:
Estratexias de internacionalización. FIL e convidados de honra
- Camiños diversos para un mismo fin? O apoio institucional á tradución das literaturas en catalán, éuscaro, galego e valenciano na Feira do libro de Frankfurt, Olga Castro (Universidade de Warwick)
- Os premios nas FIL, Áurea Fernández Rodríguez (Universidade de Vigo)
- Programas de apoio á internacionalización da literatura española en vésperas da Feira do libro de Frankfurt 2022, Silvia Montero Küpper (Universidade de Vigo)
Pausa
17.45 h - 19 h
Presenta: Iolanda Galanes
Mesa redonda:
Impacto do convidado de honra en FIL. Valor económico, cultural e simbólico
- Feira ou festival? O carácter ambivalente da Feira internacional do libro infantil e xuvenil de Boloña (1964-2020), Delia Guijarro Arribas (Universidade París-Nanterre)
- Presenza española en Frankfurt 1991: experiencia e expectativas para a presentación de España como convidado de honra de Frankfurt 2022, Marco
Bosshard (Universidade de Flensburg)
- Os convidados dos convidados: contribucións do método prosopográfico ao estudo das participacións nas FIL, José de Sousa Muniz Jr (CEFET-MG)
- Impacto mediático das FIL e dos convidados de honra, Sergio Vila-Sanjuán (La Vanguardia)
19.30 h - 20 h
Conclusións e clausura do simposio
www.culturfil.org
www.consellodacultura.gal