OLLADAS DE MULLER 2021

Ciclo. Olladas de muller

OLLADAS DE MULLER 2021

Marzo de 2021 - CGAI - A Coruña
A Coruña
Ciclo
Olladas de muller

OLLADAS DE MULLER 2021

Marzo de 2021 - CGAI - A Coruña A Coruña
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe, unha nova edición do ciclo "Olladas de muller 2021". Un proxecto onde se presentan películas asinadas por directoras galegas e títulos actuais que se debruzan sobre a situación da muller en diferentes partes do mundo.

O 5 de marzo inaugúrase coa preestrea da película "NACIÓN", de Margarita Ledo, coa presenza da directora na presentación e no coloquio posterior. O ciclo complétase con "CEN ANOS ENTRE TRES REINOS" (2020), de Alicia López Méndez e Xavier López Rodríguez; "A MEDIA VOZ" (2019), de Patricia Pérez e Heidi Hassan, con presentación e coloquio (virtual) coas directoras; coa preestrea da película "A METAMORFOSE DOS PÁSSAROS" (2020), de Catarina Vasconcelos; "BEGINNING" (2020), de Dea Kulumbegashvili; e a estrea de "UNA NIÑA (PETITE FILLE)" (2020), de Sébastien Lifshitz.

As exhibicións terán lugar na sede do CGAI na Coruña.

Asistencia:
O número de prazas é limitada a 25 persoas por estrito orde de chegada. Apertura de despacho de billetes 30 minutos antes do inicio da sesión. A entrada é de balde.

Máis información sobre o ciclo:
https://cgai.xunta.gal/gl/programacion/ciclos/olladas-de-muller-2021

Normas e recomendacións sanitarias Covid-19:
- Aforo limitado.
- É obrigatorio utilizar a máscara correctamente colocada durante toda a sesión.
- Sigan as normas xerais de seguridade expostas na entrada da sala.
LUGAR
CGAI
Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Tel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271
e-mail: cgai@xunta.gal
MAÍS INFORMACIÓN
http://consellodacultura.gal
https://cgai.xunta.gal/gl/programacion/ciclos/olladas-de-muller-2021
Ficha técnica 
Ciclo.
Olladas de muller
OLLADAS DE MULLER 2021
Cando
Marzo de 2021 - CGAI - A Coruña
Onde
A Coruña
Enderezo

CGAI
Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Tel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271
e-mail: cgai@xunta.gal

Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)