23 de marzo
Emisión gravada da conferencia
"Cen vidas falsas"
25 de marzo
18:00 horas
Emisión en directo do diálogo de Luisgé Martín con Carme Adán e Juan Tallón
Luisgé Martín
Madrid, 1962. É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid e MBA polo Instituto de Empresa.
No ámbito literario, publicou os libros de relatos Los oscuros (Alfaguara, 1990), El alma del erizo (Alfaguara, 2002) e Todos los crímenes se cometen por amor (Salto de Página, 2013). A súa primeira novela foi La dulce ira (Alfaguara, 1995). Logo publicou La muerte de Tadzio (Alfaguara, 2000, galardoada co Premio Ramón Gómez de la Serna), Los amores confiados (Alfaguara, 2005), Las manos cortadas (Alfaguara, 2009), La mujer de sombra (Anagrama, 2012), La misma ciudad (Anagrama, 2013) e La vida equivocada (Anagrama, 2015). En 2016 publicou a autobiografía sentimental El amor del revés e, en 2018, o ensaio El mundo feliz (Anagrama).
En 2013 obtivo o Premio Llanes de Viajes co libro Donde el silencio. Participou en diversos libros colectivos de relatos. No ano 2009 gañou o Premio Antonio Machado co conto Los años más felices e, en 2012, o Premio Mario Vargas Llosa con Los dientes del azar. Colabora ocasionalmente como articulista en diversas publicacións periódicas e dirixiu a revista literaria EÑE.
En 2020 obtivo o Premio Herralde de Novela con Cien noches.Juan Tallón
Vilardevós (Ourense), 1975. É licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa no ámbito do xornalismo, e na actualidade colabora como freelance para os medios Cadena Ser, El País, El Progreso e Jot Down.
É autor das novelas A pregunta perfecta, Fin de poema, El váter de Onetti, Salvaje oeste e Rewind. Tamén publicou obras de non ficción como Libros peligrosos, Mientras haya bares e Manual de fútbol.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O 23 de marzo subirase a emisión gravada da conferencia e o 25 de marzo terá lugar o debate ás 18:00 horas.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal