Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
Pensarmos
Garbiñe Biurrun
A verdade xudicial: necesariamente lonxe da verdadeira verdade? Mentira aceptable?
A verdade xudicial: necesariamente lonxe da verdadeira verdade? Mentira aceptable?
25 e 27 de maio de 2021Santiago de Compostela
Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
ASISTENCIA A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O 25 de maio subirase a emisión gravada da conferencia e o 27 de maio terá lugar o debate ás 18:00 horas.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
A verdade xudicial: necesariamente lonxe da verdadeira verdade? Mentira aceptable?
25 e 27 de maio de 2021Santiago de Compostela
25 de maio
Emisión gravada da conferencia de Garbiñe Biurrun:
"A verdade xudicial: necesariamente lonxe da verdadeira verdade? Mentira aceptable?"
27 de maio
18:00 horas
Emisión en directo do diálogo de Garbiñe Biurrun con Celia Pereira Porto e Carme Adán
Garbiñe Biurrun
Licenciatura en Dereito en 1982 na Facultade de Dereito de Donostia-San Sebastián da Universidad del País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU). Profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social desta universidade desde novembro de 1982 até a actualidade, onde imparte a docencia en éuscaro e en castelán.
Xuíza desde 1987.
Desde 1990 na xurisdición social.
Desde 2009 é presidenta da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco.
Membro da asociación Xuíces para a Democracia, foi membro da súa executiva estatal e portavoz no País Vasco.
Autora de moitos artigos en diversas materias xurídicas, notablemente en materia de igualdade, violencia de xénero, conflito vasco, paz...
Membro do equipo da UPV/EHU de tradución ao éuscaro da Constitución española e codirectora da tradución da Lei de procedemento laboral.
Colabora tamén en espazos de opinión na prensa escrita, radio e televisión.
Celia Pereira Porto
Doutora en Dereito (2000). Premio Extraordinario de Licenciatura (1994). Investigadora e docente da Área de Filosofía do Dereito na Universidade da Coruña até o 2005. Desde esa data exerce como avogada laboralista. Presidenta da Fundación Vicente Risco, membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega e do Padroado da Fundación Praza Pública.
Editora da primeira tradución ao galego de O meu pecado mortal. O voto feminino mais eu, de Clara Campoamor. Autora de diversos libros e artigos sobre a igualdade de xénero desde unha perspectiva iusfilosófica, entre os que cabe mencionar as monografías A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español e A discriminación de xénero na negociación colectiva: vellas inercias e novos retos para a igualdade, así como colaboracións en obras colectivas, entre outras: "Las agresiones al cuerpo de la mujer: entre costumbre y medicina", en A. Cambrón Infante (coord.), Entre el nacer y el morir (Granada, Editorial Comares-Ministerio de Sanidad y Consumo, 1998) e “El principio de gender mainstreaming: logros y dificultades en su adopción y aplicación”, en M. A. Barrère Unzueta e A. Campos Rubio (coords.), Igualdad de oportunidades e igualdad de género: una relación a debate (Madrid, Editorial Dykinson, 2005).
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O 25 de maio subirase a emisión gravada da conferencia e o 27 de maio terá lugar o debate ás 18:00 horas.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal
A verdade xudicial: necesariamente lonxe da verdadeira verdade? Mentira aceptable?
Ciclo. 25 e 27 de maio de 2021
A verdade xudicial: necesariamente lonxe da verdadeira verdade? Mentira aceptable?
2021-05-25 11:00:00
Garbiñe Biurrun
27 de maio, 18:00 horas Emisión en directo do diálogo de Garbiñe Biurrun con Celia Pereira Porto e Carme Adán
Diálogo de Garbiñe Biurrun con Celia Pereira Porto e Carme Adán
2021-05-27 18:00:00
Garbiñe Biurrun
Celia Pereira Porto
Carme Adán
Presentación da xornada
2021-05-29 10:30:00
Cristina Cid, alcaldesa de Allariz Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega Celia Pereira Porto, presidenta da FVR e membro da Sección de Pensamento do CCG