Dereito contra cultura? Unha relación conflitiva, a debate

Xornada

Dereito contra cultura? Unha relación conflitiva, a debate

9 de xuño de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Dereito contra cultura? Unha relación conflitiva, a debate

9 de xuño de 2021 Santiago de Compostela
Dereito contra cultura? Cultura a pesar/con/grazas a/da man do dereito? Non hai profesional da cultura ‒do ámbito público, asociativo ou privado‒ que non experimente no seu quefacer cotián as dificultades da complexa relación que se dá entre o seu ámbito e o marco legal e administrativo que sobre el opera.

Se centrarmos o foco máis especificamente na acción cultural pública, vemos que a contratación administrativa e as subvencións son, ao tempo, as principais ferramentas e tamén os principais campos de conflito. Para un ámbito e para o outro, a inadecuación do actual marco lexislativo ás lóxicas do campo cultural semella evidente e é orixe da maior parte de problemas que vivimos no día a día xestores e xestoras culturais, profesionais dos diferentes sectores, entidades e persoal das secretarías e intervencións das administracións públicas.

Que o título desta xornada, á mantenta provocador, non chame a engano. Esta é unha xornada coa que buscamos incentivar unha mirada diferente: fuxindo do memorial de agravios e da extensión da queixa, queremos un cambio de enfoque. Partir do que hai para nos corresponsabilizar, desde os dous ámbitos, e avanzar en dous aspectos: o primeiro, en buscar solucións operativas que simplifiquen os procedementos administrativos e en poñer en común lecturas e interpretacións que axuden a desatar os nós máis conflitivos; o segundo, reflexionar conxuntamente para comezar a definir as mudanzas lexislativas que se revelen precisas para facilitar o desenvolvemento do campo cultural en Galicia a partir da comprensión da súa especificidade, complexidade, diversidade e natureza pluridimensional.

A través de tres mesas transversais e tres sectoriais, o Consello da Cultura Galega, a Cátedra de Dereito Local da Universidade da Coruña e a Deputación da Coruña organizamos esta xornada coa intención de impulsarmos unha liña de traballo que entendemos que vai ser de especial importancia nos vindeiros anos.
Ficha técnica
Xornada.
Dereito contra cultura? Unha relación conflitiva, a debate
Data
9 de xuño de 2021
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carlos Amoedo
Xavier Campos
Relator/a
Henrique Alvarellos Casas
Carlos Amoedo
Belén Bermejo
Isabel Blanco
Susana de la Sierra
Manuel González
Felipe Lage
Xavier Marcé Carol
Miguel Martín
Reyes Marzal Raga
Isabel Novo
Belén Pichel
Juan Bautista Suárez Ramos
Marcos Vaquer
Organiza
Cátedra de Dereito Local. Universidade da Coruña
Consello da Cultura Galega
Deputación da Coruña