Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina
Xornada. 1 e 30 de xuño de 2021
A cuarta parte da poboación mundial son mulleres que labran a terra, plantan sementes e nas zonas costeiras procuran sustento no mar, loitando acotío por garantir a seguridade alimentaria das súas poboacións e axudando a preparar as súas comunidades fronte ao cambio climático. Porén, nas zonas rurais adoitan ter menos acceso aos recursos produtivos, aos servizos financeiros e á tecnoloxía, o que reduce as posibilidades de autonomía económica e aumenta a súa vulnerabilidade. Estas mulleres dedicadas á agricultura, á gandaría ou á pesca atópanse nunha situación peor que os homes rurais e que as mulleres e os homes urbanos en relación con todos os indicadores de xénero.
Malia que en Galicia, e en xeral nos países desenvolvidos, se superaron situacións de desigualdade, algunhas delas non hai tanto tempo, as mulleres seguen a ter máis dificultades para acceder á titularidade conxunta das explotacións agrarias, aos postos de dirección en sociedades cooperativas, precisan dedicar máis tempo a traballos domésticos, de coidado, informais e desempeñan os empregos máis precarios. Teñen menos oportunidades para participar no deseño e execución das políticas de desenvolvemento rural e seguen a producirse situacións de explotación laboral para as traballadoras migrantes, mesmo con episodios de acoso sexual, maior incidencia da violencia de xénero nas relacións afectivas e de violencia sexual no ámbito doméstico. A todo isto hai que engadir a dificultade estrutural de acceso á xustiza ante as situacións de discriminación ou de calquera tipo de violencia.
Case 6 millóns de mulleres habitan en zonas rurais do Estado español. O 30 % da poboación feminina vive nun medio que está a sufrir un progresivo proceso de avellentamento e masculinización. Xa se coñece como éxodo feminino pois dúas de cada tres persoas que emigran ás contornas urbanas son mulleres. Os territorios vanse baleirando nun crecente despoboamento que, no caso de Galicia, anuncia a desaparición de comarcas enteiras nun prazo medio de tempo, se segue a tendencia actual. Daquela, a poboación masculinizada e envellecida vai aumentando na mesma medida que se recortan servizos básicos como a sanidade, a asistencia ás persoas dependentes ou a educación. E son as mulleres as que asumen a dobre función de atender estas necesidades, que só fan aumentar o esforzo para compatibilizar o rol tradicional de coidadoras, sen por iso deixar de traballar nas explotacións ou negocios familiares, xeralmente sen que signifique entrar no mercado laboral.
En América Latina, 58 millóns de mulleres viven no campo e, coma noutras moitas rexións do mundo, a súa situación é especialmente difícil. Ao propio tempo, é nese medio onde están a agromar experiencias anovadoras para garantir dereitos e oportunidades que eviten o desarraigamento e permitan o desenvolvemento humano e do medio natural en territorios con grave risco pola crise climática e as desigualdades económicas e de xénero, onde é doado o mantemento de estruturas patriarcais. Coa finalidade de profundar no coñecemento desta realidade, o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Valedora do Pobo organizan a Xornada “Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina”, coa participación de seis persoas expertas de ambas as beiras do Atlántico, para o intercambio de coñecementos, boas prácticas, ideas e propostas.
Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina
Xornada. 1 e 30 de xuño de 2021
1 DE XUÑO
Presentación da xornada
Rosario Álvarez. Presidenta do CCG
Dolores Fernández Galiño. Valedora do Pobo
Presentación dos relatorios
María Xosé Porteiro. Directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos e adxunta á Valedora do Pobo
Empoderamento das mulleres rurais
Fernando Lousada Arochena, A Coruña. Maxistrado experto en igualdade de xénero, escritor e profesor
Liderado e contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento local. Desafíos en pandemia 2020-2021
Luz Haro Guanga, Ecuador. Lideresa das mulleres rurais en América Latina
Violencia de xénero. Situación e perspectivas nas mulleres rurais na Provincia de Córdoba (Arxentina)
Claudia Martínez. Ministra da Muller do Goberno de Córdoba
Situación das mulleres rurais no Triángulo Norte de Centroamérica (Guatemala, Honduras, El Salvador) despois dos procesos de paz. A pobreza rural ten rostro de muller
Carmen Álvarez-Basso. Experta en procesos de paz en Centroamérica
A problemática da discapacidade, como multidiscriminación, no caso das mulleres rurais. Unha análise desde Arxentina
Marité Puga Marín, Córdoba (Arxentina). Subsecretaria de discapacidade, rehabilitación e inclusión
Feminismo e territorio rural en Galicia
Rosa Arcos Caamaño, Santiago de Compostela. Experta en mulleres rurais
30 DE XUÑO
Presentación das conclusións
Rosario Álvarez. Presidenta do CCG
Dolores Fernández Galiño. Valedora do Pobo
María Xosé Porteiro. Directora do CDIF
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
Non é necesaria inscrición previa.
Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina
Xornada. 1 e 30 de xuño de 2021
Solicita a túa inscrición