A vulnerabilidade na encrucillada. Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario

Xornada

A vulnerabilidade na encrucillada. Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario

17 de xuño de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

A vulnerabilidade na encrucillada. Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario

17 de xuño de 2021 Santiago de Compostela
A importancia que cobrou o tema da vulnerabilidade ao abeiro do século XXI fíxose máis evidente na presente situación de pandemia. Desde 2004, filósofas como Judith Butler trataron de repensar o humano a partir da categoría de vulnerabilidade e, con iso, puxeron de manifesto que a esencia de calquera relación social é a exposición aos outros, o que implica a posibilidade de que nos afecten, de que nos danen voluntaria ou involuntariamente. Porén, esta exposición é ambivalente: os outros que poden ferirnos son ao mesmo tempo aqueles dos que dependemos para vernos sandados. É máis, o mesmo xesto de coidarnos pode en calquera momento converterse en agresión. De xeito que a aposta pola vulnerabilidade eríxese nun recordatorio da precariedade das nosas vidas, de que estamos entrelazados uns a outros, e a procesos vitais, sociais e naturais que nos exceden.

A partir da intervención de investigadoras dos ámbitos da saúde e o coidado das mulleres, da teoría feminista e da filosofía, abordaranse estes temas e expoñerase de forma especial o feito de que, se ben a nosa común condición de vulnerables podería sentar as bases dunha comunidade global máis xusta e menos violenta, cómpre atender tamén á desigual distribución da precariedade, ao feito de que hai suxeitos, situacións e colectivos máis vulnerables.
Ficha técnica
Xornada.
A vulnerabilidade na encrucillada. Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario
Data
17 de xuño de 2021
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
María Xosé Agra Romero
Inauguración
Carme Adán Villamarín
María Xosé Agra Romero
Rosario Álvarez
Relator/a
Fina Birulés
Gemma Cazorla
Silvia Costa
Josefina Goberna
Elena Laurenzi
María Jesús Movilla Fernández
Colabora
Proxecto “Vulnerabilidad en el pensamiento filosófico femenino. Contribuciones al debate sobre emergencias presentes”. PGC2018-094463-B-100 (MCIU/AEI/FEDER, UE)
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)

Imaxe da portada: Parede das parideiras. Reprodución das pinturas rupestres de Peña Escrita (Fuencaliente, Cidade Real). Arquivo do Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC-MNCN)