Ciclo Pensarmos
Brigitte Vasallo
As mentiras na linguaxe
24 de xuño de 2021, ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
Carme Adán, coordinadora da Sección de Pensamento do CCG
18:15 horas
As mentiras na linguaxe
Brigitte Vasallo dialoga con Marta Lois
Brigitte Vasallo
Escritora aos tombos e formadora, investigo sobre a construción da alteridade, a violencia e o capitalismo atravesados polo xénero. Emprego o feminismo como ferramenta pero non como identidade. Se teño que definirme digo que son txarnega e marimacho, que é como non dicir nada nin moi concreto, nin moi pechado, nin moi estable.
Vivín boa parte da miña vida en Marrocos e traballei de camareira, limpadora, periodista, mariñeira… Escribín a novela PornoBurka, prologada por Juan Goytisolo, e o ensaio Pensamiento monógamo. Terror poliamoroso. O meu relato “[ ’ba sa λo ]” está incluído no libro Un esforç més, coordinado por Espai en Blanc, e tamén “Bukake según san Marx”, en Relatos marranos (Pol.len, 2015). Tamén publiquei capítulos nos libros Contra la islamofobia (Icaria, 2016), (H)amor (Continta me tienes, 2015) ou Más allá de lo imposible: derechos humanos en el siglo XXI (Txalaparta, 2015), entre outros. Os meus textos traducíronse ao inglés, francés, portugués e italiano.
Colaboro co diario Ara, El Salto, Pikara Magazine, Critic.cat, Rac1, entre outros; son docente do Màster de Gènere i Comunicació da UAB; fun convidada como relatora en congresos internacionais como o 1st Non-Monogamies and Contemporary Intimacies, na Universidade de Lisboa, ou o Eros y Dionisios, do Museo de Arte en Río de Xaneiro.Colaborei como consultora para o proxecto INTIMATE – Citizenship, Care and Choice: The Micropolitics of Intimacy in Southern Europe, do Centro de Estudos Sociais (CES) da Universidade de Coimbra e o European Research Council.
Marta Lois
Doutora en Ciencia política e profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 2015 e 2019 desenvolveu responsabilidades públicas no goberno local sendo concelleira de CA no eido da igualdade, promoción económica, emprego e turismo. A súa actividade investigadora céntrase no campo dos estudos de xénero, poder, toma de decisións, teoría feminista contemporánea e políticas públicas. Entre as súas publicacións destacan: Mujeres, Instituciones y Política (editado por M. Lois e I. Diz, 2007). Lois, M. & I. Diz ¿Han conquistado las mujeres el poder político? un análisis de la presencia de las mujeres en las instituciones autonómicas (2012), Ciencia política con perspectiva de xénero (editora xunto con A. Alonso, 2014) que recibe o galardón do Premio nacional de investigación social Ángeles Durán. Posuidora de diversos galardóns relacionados coa innovación docente e a perspectiva de xénero. Na actualidade forma parte da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega e combina a docencia e a investigación coa responsabilidade pública no Concello de Santiago.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
Actividade presencial. Prazas moi limitadas por normativa anticovid que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Retransmisión en directo en www.consellodacultura.gal Logo permanecerá na Mediateca para futuras consultas.