11:30 horas
Inauguración
Rosario Álvarez, presidenta do CCG
Carmen García Mateo, coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Elisa Fernández Rei, coordinadora da xornada
12:00 horas
Presenta e modera: Verónica Mouriño Sesto, Brétema Comunicación
• Xosé Luis Carrera Valín, Arqueixal
• Chelo López Rodríguez, Gandería Quintián
• Natalia Nogueira Basalo, Amarelante
• Dori Rodríguez González, Adegas Celme
14:00 horas
Conclusións e peche da xornada
• Brétema Comunicación
Empresa de comunicación e marketing para pequenas empresas e negocios rurais. Dedícase á consultoría de marketing en liña, xestión de redes sociais, deseño web e elaboración de plans de comunicación.
• Arqueixal
Granxa familiar situada na parroquia de Santiago de Albá, comarca da Ulloa, Lugo. Dun modo natural pasaron dunha produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico á concepción dunha experiencia holística que encarna o seu amor á terra. Así, recuperaron un conxunto de casas rurais antigas para acoller hóspedes e dar a coñecer o modo de vida no rural galego. Nun lugar especial que ofrece benestar respectando o medio natural, promoven un medio rural e agrario sustentable, desde un punto de vista ecolóxico, económico e social.
• Gandería Quintián
Gandería familiar que nace do amor pola terra nos anos 60. A gandería e queixería está situada no Páramo (Lugo), na ladeira dunha montaña. Esta orografía permitiu que a queixería sexa subterránea, respectando a contorna e sen impacto paisaxístico. Foron pioneiros na venda directa de leite pasteurizado sen ningún tipo de conservante e actualmente diferéncianse polos seus queixos artesáns, moldeados e volteados un a un, o que fai que sexan únicos.
• Amarelante
Nace no 2013 co obxectivo de recuperar os soutos abandonados e reactivar a produción de castañas de calidade, elaborando produtos con valor engadido comercializados baixo o selo de Castañas de Galicia. Ademais da venda de castañas secas tratadas nun secadoiro alimentado con biomasa, elabora e comercializa fariña de castaña e bica de castaña. En todos os casos, o ingrediente base distintivo é a castaña amarelante do Macizo Central Ourensán.
• Adegas Celme
Dori e Jorge son dous enxeñeiros de formación que decidiron dar un xiro ás súas vidas para converter a súa paixón no seu proxecto vital. Celme, a súa adega, nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro, na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os seus viños e vermú son o resultado dun traballo ecolóxico e minucioso utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar produtos singulares e únicos. Celme é tamén unha aposta moi clara polo potencial do rural galego e así o amosan nas diferentes actividades de enoturismo que ofrecen na súa adega, rodeada de patrimonio, historia e paisaxe.