Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo

Presentación.

Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo

Xoves 8 de xullo de 2021 ás 13:30 h na Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela
Presentación

Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo

Xoves 8 de xullo de 2021 ás 13:30 h na Biblioteca do Consello da Cultura Galega Santiago de Compostela
O xoves 8 de xullo, celebrarase, ás 13:30 h, unha rolda de prensa de presentación arredor de "Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo", Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020, de Xosé Manoel Núñez Seixas, no Consello da Cultura Galega.

Acompañando o autor, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Rosario Álvarez Blanco, presidenta do CCG, Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

O historiador Xosé Manuel Núñez Seixas fíxose, coa obra "De imperios e danzas: poéticas dá pluralidade territorial non fascismo español (1930-1975)", co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020. Este libro presenta, cun estilo diáfano e crítico, o fenómeno da utilización do folclore e dos seus símbolos por parte do fascismo e faino baseándose nunha ampla e rigorosa documentación e aplicando un enfoque contrastivo entre as diferentes nacionalidades históricas. Por parte, a obra destaca a actualidade do tema ao vincular os feitos históricos que trata co presente.

Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais coma locais, por parte do réxime franquista. Núñez Seixas estuda a relación entre diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debates sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas, xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime.

O autor, Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966), é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. É catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, vicepresidente do Consello da Cultura Galega e autor de numerosos artigos e manuais. As súas investigacións céntranse na análise comparada dos nacionalismos, nos estudos migratorios e na historia cultural da guerra. En 2019 foi Premio Nacional de Ensaio.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Presentación.
Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo
Cando
Xoves 8 de xullo de 2021 ás 13:30 h na Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205