Socalcos, campesiñado e cristianismo

Xornada.

Socalcos, campesiñado e cristianismo

A construción da paisaxe galega entre a Tardoantigüidade e a Idade Media

24 e 25 de setembro de 2021
A Pobra do Brollón
Xornada

Socalcos, campesiñado e cristianismo

A construción da paisaxe galega entre a Tardoantigüidade e a Idade Media

24 e 25 de setembro de 2021 A Pobra do Brollón
A intención destas xornadas é recoller os resultados de diferentes proxectos que se están desenvolvendo en Galicia arredor da construción da paisaxe galega nun período que foi clave durante a Alta Idade Media e do que, grazas a eles, estamos comezando a comprender na súa verdadeira dimensión. De feito, os resultados están mostrando un discurso alternativo ao hexemónico no que as comunidades rurais teñen moito que dicir.
A maior parte son proxectos construídos dende abaixo, participados pola sociedade e liderados por investigadoras e investigadores novos, cuxos obxectivos e desenvolvemento contrastan cos procesos que, dende arriba, teñen lugar en paisaxes como as da Ribeira Sacra. Non obstante, estes discursos tamén deberán integrarse porque forman parte da propia construción identitaria da actual Ribeira Sacra. A idea é artellar as xornadas en tres eixes temáticos: materialidades / paisaxes / pensamento.
Nestas xornadas, coordinadas en colaboración entre Rebeca Blanco-Rotea (Consello da Cultura Galega, USC) e Xurxo Ayán Vila (Universidade Nova de Lisboa), quen desenvolve varios dos proxectos que se levan a cabo na Ribeira Sacra (Castro de San Lourenzo, Os Conventos, Adegas da Memoria), tamén se pretende dar cabida a discursos arqueopoéticos, da man da participación de Olga Novo.
As xornadas levaranse a cabo na Ribeira Sacra do bordo oriental, na Pobra do Brollón, contando co apoio do concello, da asociación de veciños de Cereixa María Castaña e dos proxectos locais, rompendo o eixe habitual nas actividades.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (30).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Casa da Cultura Olga Novo
Rúa Samoeiro
27330 A Pobra do Brollón
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Socalcos, campesiñado e cristianismo
A construción da paisaxe galega entre a Tardoantigüidade e a Idade Media
Cando
24 e 25 de setembro de 2021
Onde
A Pobra do Brollón
Enderezo

Casa da Cultura Olga Novo
Rúa Samoeiro
27330 A Pobra do Brollón

Coordinación
Xurxo Ayán Vila
Rebeca Blanco-Rotea
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Colabora
Asociación de Veciños María Castaña
Bicentenario Concello de Cereixa
Concello da Pobra do Brollón
Proxecto Arqueolóxico Castro de San Lourenzo

Imaxe da portada: Guillermo Sotelo Rodríguez