DA EMERXENCIA (CREATIVA)

Xornada.

DA EMERXENCIA (CREATIVA)

Prácticas artísticas contemporáneas na procura urxente do cambio, cara a unha sustentabilidade social, económica e medioambiental na sociedade actual.

Martes, 21 de setembro de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

DA EMERXENCIA (CREATIVA)

Prácticas artísticas contemporáneas na procura urxente do cambio, cara a unha sustentabilidade social, económica e medioambiental na sociedade actual.

Martes, 21 de setembro de 2021 Santiago de Compostela
Conversas participativas sobre diferentes proxectos artísticos e modelos de xestión cultural que fomentan a reflexión, implicación e reacción, mudando a conciencia cara ao cambio climático.

Nun mundo cada vez máis polarizado e nunha realidade cambiante, na que unha situación pandémica global fixo tremer os alicerces da nosa sociedade, especialmente do mundo occidental, é transcendental un “repensar” o noso lugar no mundo, sendo urxente (e emerxente) un cambio profundo no noso modelo de vida, de consumo e de redistribución de recursos.

Coa intención de debater, mais tamén de compartir, experiencias, estratexias e ferramentas artísticas e investigadoras para recuperar espazos perdidos, repensar a forma de ser e estar das persoas no mundo e construír novas paisaxes contemporáneas dende a sustentabilidade, nas súas tres dimensións simbólicas (social, económica e medioambiental), esta xornada pretende xerar sinerxías entre diferentes campos de coñecemento: cultura, filosofía, ciencia, educación e política, entre outras.

“Da emerxencia (creativa)” pretende ser un espazo de reflexión para facer crítica e autocrítica dende o sector artístico e cultural, dende a nosa posición (e posicionamento), a nosa capacidade de acción (e reacción), nun momento clave no que a urxencia nos indica que “chegamos tarde” ante a deriva irrespectuosa da nosa existencia. Que papel pode desempeñar a arte na procura dun cambio social cara a un desenvolvemento sustentable e igualitario do mundo?

Achegarémonos a proxectos de artistas de diversas disciplinas que abarcan o asunto dende diferentes perspectivas, a iniciativas culturais, sociais e educativas que están a desenvolver accións mobilizadoras, a institucións e entidades que están a promover propostas con valores sociais e medioambientais neste eido, así como a figuras relevantes que son xa referentes nesta corrente en prol da sustentabilidade dende a creación artística e cultural.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
DA EMERXENCIA (CREATIVA)
Prácticas artísticas contemporáneas na procura urxente do cambio, cara a unha sustentabilidade social, económica e medioambiental na sociedade actual.
Cando
Martes, 21 de setembro de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Paula Cabaleiro
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Ruth Montiel Arias. Proxecto Chisa. 2015.