A música afonsina en Galicia

Xornada. Seíam'eu... en San Simón

A música afonsina en Galicia

A pegada de Afonso X o Sabio na música galega

Sábado, 2 de outubro de 2021
Illa de San Simón
Xornada
Xornada Seíam'eu... en San Simón

A música afonsina en Galicia

A pegada de Afonso X o Sabio na música galega

Sábado, 2 de outubro de 2021 Illa de San Simón
Do manuscrito ao espazo sonoro, no século XXI a música afonsina chega ata nós materializada nas partituras que pousan nos atrís e por medio de instrumentos que o saber e a habelencia artesanais poñen hoxe nas mans dos e das intérpretes.

Nese lugar máxico que é a illa de San Simón, onde sempre acontece o extraordinario (no senso máis literal da palabra), e novamente en colaboración co Concello de Redondela, o Consello da Cultura Galega convídavos a rastrexar a pegada musical de Afonso X compartindo experiencias materiais e inmateriais que nos permitirán entender mellor a súa xenealoxía e, tamén, o seu legado, máis vivo ca nunca na música galega, como teredes ocasión de comprobar. Da man de especialistas como Francisco Luengo, Esperanza Mara, Luciano Pérez e Carlos Villanueva, penetraremos na marabillosa contemporaneidade da súa obra e sentirémola máis viva ca nunca. Neste ano 2021, no que conmemoramos o 800 aniversario do nacemento do monarca, o seu fértil legado cobra unha extraordinaria dimensión cando se avalía, por unha banda, no contexto da música medieval galega e, por outra, no de todo o labor cultural e artístico promovido polo Rei. A un mellor coñecemento e a unha máis acaída valoración de todo isto, dende a actualidade, quere contribuír o Consello da Cultura Galega co amplo abano de actividades que este ano está a promover, en xeral, e con esta xornada musical en San Simón, en particular. Que a gocen.
Ficha técnica
Xornada.
Seíam'eu... en San Simón
A música afonsina en Galicia
A pegada de Afonso X o Sabio na música galega
Data
Sábado, 2 de outubro de 2021
Lugar

Illa de San Simón
Redondela (Pontevedra)

Inauguración
Rosario Álvarez
Xosé Ramón Pousa
Digna Rivas
Relator/a
Francisco Luengo
Esperanza Mara
Luciano Perez
Carlos Villanueva
Organiza
Concello de Redondela
Consello da Cultura Galega