18:00 horas
Presentación
Carme Adán, coordinadora da Sección de Pensamento do CCG
18:15 horas
Unha historia da mentira
Juan Jacinto Muñoz-Rengel dialoga con Francisco Castro
Juan Jacinto Muñoz Rengel
(Málaga, 1974) é autor das novelas El gran imaginador (Plaza & Janés, 2016), Premio do Festival Celsius á mellor novela do ano, El sueño del otro (Plaza & Janés, 2013) e El asesino hipocondríaco (Plaza & Janés, 2012), do ensaio Una historia de la mentira (Alianza, 2020), da colección de microrrelatos El libro de los pequeños milagros (Páginas de Espuma, 2013), dos libros de relatos De mecánica y alquimia (Salto de Página, 2009), Premio Ignotus ao mellor libro de relatos do ano e 88 Mill Lane (2006), así como dos relatos longos Pink (2012) e Colapso (2017) publicados no selo dixital Flash, de Penguin Random House. Coordinou e prologou as antoloxías de narrativa breve La realidad quebradiza (Páginas de Espuma, 2012), Perturbaciones (Salto de Página, 2009) e Ficción Sur (Traspiés, 2008). Como autor de relato curto recibiu máis de cincuenta premios nacionais e internacionais e foi incluido en tres antoloxías de referencia da súa xeración: Cuento español actual (Editorial Cátedra, 2014), Pequeñas Resistencias (Páginas de Espuma, 2010) e Siglo XXI (Menoscuarto, 2010). Traducido ao inglés, francés, italiano, griego, turco e ruso, e publicou en máis dunha ducia de países.
https://juanjacintomunozrengel.com/
Francisco Castro
(Vigo, 1966) é licenciado en Filosofía, ademais de escritor. Entrou a formar parte da Editorial Galaxia como editor no ano 2008 desenvolvendo labores de edición infantil e xuvenil, no ano 2016 foi nomeado director xeral. É un dos pioneiros da blogosfera galega.
Como autor foi galardoado con importantes distincións no mundo da literatura galega, como o Premio Lueiro Rey (1997), o Premio Modesto Figueiredo de narracións breves (2005), o Premio Blanco Amor (2006), o Premio Manuel García Barros (2007), o Premio Frei Martín Sarmiento (en cinco ocasións) e o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2013). Ademais, foi nomeado en 2012 na lista de honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) por Chamádeme Simbad, un dos long-sellers máis vendidos da historia da literatura galega. A súa obra está traducida a varias linguas, como o castelán, catalán, éuscaro, italiano ou portugués de Brasil.
En 2018 entrou a formar parte do Consello da Cultura Galega na Sección de Pensamento.