Nieves Fernández Vidueira

Xornada. De pioneiras e andainas

Nieves Fernández Vidueira

A irmandade coa natureza

Xoves, 21 de outubro de 2021
Santiago de Compostela
Xornada
De pioneiras e andainas

Nieves Fernández Vidueira

A irmandade coa natureza

Xoves, 21 de outubro de 2021 Santiago de Compostela
Este ano 2021 o Consello da Cultura Galega aposta por poñer o foco sobre o rural e as súas mulleres, para recoñecer -a través da súa posta en valor- o seu papel estrutural nunha parte da sociedade da que manan aspectos esenciais da nosa cultura e da nosa identidade.

Unha desas mulleres é Nieves Fernández Vidueira, que aínda que se define a si mesma como pastor, certamente é unha pastora, criadora de ovellas de raza galega, e vinculada a diferentes entidades activas na mellora do rural. Adherida á asociación ASOVEGA, ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e á entidade “Pastos e Forraxes”. É ademais socia fundadora da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira de Ovino e Caprino de Galicia (ADSG-Acivo), e participou activamente na Asociación de Criadores/as de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) e na Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo. Como tantas mulleres do rural, a súa actividade non é única, senón que se multiplica case de xeito natural no seu entorno, participando de todos aqueles aspectos que conforman o seu espazo social, sendo ademais escritora, fotógrafa, tallista da madeira, deseñadora e creadora de traxes, disfraces e máscaras de entroido, sen perder de vista as innovacións en materia de produción ecolóxica.

Esta xornada, organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, pretende constituír un espazo de posta en valor e reflexión sobre a diversidade das contribucións das mulleres do rural, no mantemento dun espazo social, económico e natural, que se amosa vital na Galicia pasada e presente. Nela, o tempo de homenaxe mestúrase con tempo de memoria, de estudo, reflexión e cuestionamentos de futuro.

A historia de vida de Nieves Fernández Vidueira servirá como pretexto para reunir unha serie de voces de mulleres vencelladas ao rural, dende as actividades produtivas, dende o tecido asociativo, dende o mundo académico ou dende o institucional. A través das súas palabras e experiencias retratarán a diversidade coa que as mulleres rurais contribúen de xeito decisivo á sociedade galega, tratando cuestións que permitan entender e explicar os seus lugares e posicións no mundo do rural, así como expor e contrastar o xa feito, sen esquecer o que fica por facer.
Ficha técnica
Xornada.
De pioneiras e andainas
Nieves Fernández Vidueira
A irmandade coa natureza
Data
Xoves, 21 de outubro de 2021
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Rosa Arcos Caamaño
Luzia Oca González
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega