A actividade administrativa da contratación pública

Curso

A actividade administrativa da contratación pública

Xestión cultural e sector público

Mércores, 6 de outubro de 2021
Santiago de Compostela
Curso

A actividade administrativa da contratación pública

Xestión cultural e sector público

Mércores, 6 de outubro de 2021 Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega e a Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia colaboran na organización de dous cursos formativos sobre contratación pública e subvencións destinado a profesionais do sector cultural co fin de contribuír á revitalización da actividade cultural aproveitando o impulso económico do Xacobeo 2021-22.

Obxectivos do presente curso:

A contratación pública supón aproximadamente o 10 % do PIB e ata un 24% do gasto público, polo que esta actividade administrativa é de grande importancia económica.

Por outra banda, a contratación pública concíbese cada vez máis non só como a forma que teñen as administracións de adquirir bens, obras ou servizos, senón tamén como mecanismo para implantar políticas públicas.

Agora ben, é unha actividade administrativa que debe ter os seus procedementos, precisamente co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades para acadar tales contratos públicos, de forma que sexa a mellor oferta a que resulte adxudicataria, o que o que require coñecer tales procedementos, as súas regras e vías para reclamar chegado o caso.

Por último, os operadores culturais teñen cuestións específicas que é de interese coñecer.

Público ao que se dirixe:

Para lograr a sinerxía descrita, o curso vai dirixido especialmente a todos os operadores do sector cultural: actores, actrices, produtores/as teatrais e cinematográficas, editores/as, as súas entidades representativas etc.

A todo o persoal ao servizo das administracións públicas e entidades dependentes encargadas da tramitación e resolución dos expedientes administrativos de fomento cultural.

Por último, ao público en xeral, que debe coñecer o funcionamento da actuación pública no eido cultural, no que existe unha forte implicación social.
Ficha técnica
Curso.
A actividade administrativa da contratación pública
Xestión cultural e sector público
Data
Mércores, 6 de outubro de 2021
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Relator/a
Antonio Miño López
Santiago Valencia Vila
Organiza
Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia
Consello da Cultura Galega