XIII Festival of Cultures of Europe

Do 7 ao 29 de outubro de 2021
Información
A Casa de Bretaña en Polonia (DOM BRETANII | MAISON DE LA BRETAGNE) celebra o XIII Festival of Cultures of Europe adicado a Galicia como terra que lembra á Bretaña pola súa ubicación no Océano Atlántico no extremo occidental do noso continente e tamén pola herdanza celta que aínda está presente.

O tema principal do Festival das Culturas Europeas será o Camiño de Santiago, que invita a unha viaxe individual e transnacional cuxa tradición se remonta á Idade Media. O Camiño foi recoñecido polo Consello de Europa como o primeiro itinerario cultural europeo e inscrito na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. A rota sempre tivo un forte significado cultural que contribuíu a configurar a identidade europea.

Máis información: https://dombretanii.org.pl/wydarzenia-kulturalne/imprezy-cykliczne/festiwal-kultur-regionow-europy
Ficha técnica
XIII Festival of Cultures of Europe
XIII Festival of Cultures of Europe
Festival. Do 7 ao 29 de outubro de 2021