Moldes na memoria

Xornada

Moldes na memoria

Xoves, 11 de novembro de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Moldes na memoria

Xoves, 11 de novembro de 2021 Santiago de Compostela
Manuel Moldes foi un dos grandes artistas galegos dos séculos XX e XXI. A súa obra, producida durante máis de 50 anos, abrangue todo tipo de temáticas e discursos, dende a figuración máis arraigada na terra até a absoluta abstracción, dando saída ás súas inquietudes persoais e sociais.

Nesta actividade faranse unha serie de achegamentos á obra de Moldes en distintas épocas da súa pintura e como esta está imbricada co mundo da arte. Participarán Mariano Hernández de Ossorno, poeta e escritor; Carlos López Bernárdez, historiador da arte e comisario de exposicións, e Luis Francisco Pérez, crítico e teórico da arte contemporánea e comisario de exposicións.

Como colofón as estes relatorios haberá unha mesa redonda con todos os participantes moderada por Carmen Díaz, viúva do artista e presidenta da Fundación Manuel Moldes.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica
Xornada.
Moldes na memoria
Data
Xoves, 11 de novembro de 2021
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carmen Díaz Cacheda
Miguel Fernández-Cid
Manuel Quintana Martelo
Relator/a
Carlos L. Bernárdez
Mariano Hernández de Ossorno
Luis Francisco Pérez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Manuel Quintana Martelo