16:15 horas
Inauguración
16:30 horas
O catálogo razoado (ou) o metaverso do arquivo
Alfonso de la Torre
Asesor de arte, proxectos museográficos, coleccións públicas e privadas e un dos maiores coñecedores de catálogos razoados, realizou a “Obra gráfica de Manolo Millares”, “Pablo Palazuelo”, “Fernando Zóbel”, “Manuel Rivera” ou “Manolo Millares”.
Traballou para a coñecida Colección CIRCA XX-Pilar Citoller e foi o seu director conservador dende 1999. Colaborou tamén como experto, por exemplo, nas coleccións Caja Madrid, Caixa Galicia, GMG (México), Ibercaja, Montes Gonzalez ou El Coto.
17:15 horas
O papel do editor no marco dixital
Sergio “Sacha” Azcona
Director editorial e consultor sénior en comunicación e mercadotecnia con máis de 20 anos de experiencia en consultoría de comunicación, social media, mercadotecnia, dirección e coordinación editorial. Profesor universitario e conferenciante.
Fundador e CEO de Haz Comunicación. Escritor de narrativa infantil. Premio do Ministerio de Cultura 2020 ao Libro de Arte Mellor Editado polo "Catálogo razoado de Poesía visual (1941-1970) de Joan Brossa".
18:00 horas
Descanso
18:15 horas
O tempo recobrado
Carmen Calvo
Titulada en Publicidade, estudou Belas Artes en Valencia. Académica da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia. Obtivo numerosas bolsas e premios, entre outros, o Premio Nacional e o Premio Internacional Julio González.
Desde os anos oitenta, cando participou en New Images from Spain (1980) no Guggenheim Museum N.Y., a súa obra estivo presente nas máis relevantes mostras da arte española.
Ademais da súa dedicación á pintura, nun territorio que podemos cualificar de "híbrido" e moi singular na escena artística do noso país, destaca polos seus traballos na realización de intervencións, con carácter permanente, en edificios públicos.
Entre as súas últimas exposicións salientan: Galería Fernández Braso, Madrid (2018); Sala Alcalá 31, Madrid; Mauro Mauroner, contemporary Art Viena; PhotoEspaña Madrid; Kubo-Kutxa Donostia (2019); Carmen Calvo + Juan Luis Arsuaga, Cnio Arte, Madrid (2020); Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (2021); Galería Diehl, Berlín (2022).
19:00 horas
Debate
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205