Como abordamos a conservación preventiva en Galicia?

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Como abordamos a conservación preventiva en Galicia?

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 36

Martes, 5 de abril de 2022
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Como abordamos a conservación preventiva en Galicia?

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 36

Martes, 5 de abril de 2022 Santiago de Compostela
O termo “conservación preventiva”, tal como entendemos hoxe esta estratexia de conservación, introducírono na década de 1950 os conservadores-restauradores anglosaxóns cando empezaron a comprender os procesos de deterioración que afectaban ás coleccións en museos e a buscar as medidas de control dos factores que os orixinaban e que nos seus inicios se limitaban a controlar a humidade e a iluminación nos museos. O cambio prodúcese a partir de 1975, cando o ICCROM comeza a impartir cursos sobre conservación preventiva. Estes cursos, realizados ao longo de 15 anos e con participantes procedentes de países e culturas moi diversas, permitiron determinar moitas máis causas de agresión dos bens patrimoniais e establecer estratexias de conservación.

Neste encontro falaremos de conservación preventiva en Galicia. Non é esta, nin moito menos, a primeira vez que se aborda este tema na nosa comunidade. Xa en 1996 se realizou en Vigo o Coloquio Internacional sobre a Conservación Preventiva de Bens Culturais, froito da colaboración do Museo Quiñones de León, o Comité Español do ICOM e a Universidade de Vigo. Nel analizáronse experiencias e resultados en varias institucións e países e participaron relatores que foron pioneiros desta práctica no noso país, como Benoit de Tapol. Tamén a Xunta de Galicia tivo a súa representación na figura de Bieito Pérez Outeiriño, naquel momento subdirector xeral do chamado Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais. E no ano 2000 tivo lugar na Coruña o VI Coloquio Galego de Museos dedicado á conservación preventiva.

Esta recorrencia mostra o interese do tema, sendo unha preocupación constante á que se volve na idea de que na prevención están algunhas das bases importantes da conservación do patrimonio. Desta volta, en 2022, intentaremos reflexionar sobre cal é a situación da conservación preventiva en Galicia nunha ollada sobre diferentes patrimonios, realidades e xestións, desde un encontro monográfico e algunhas miradas complementarias.
Ficha técnica
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Como abordamos a conservación preventiva en Galicia?
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 36
Data
Martes, 5 de abril de 2022
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Rosa Benavides
Participante
Iago Seara Morales
Presenta
Rosario Álvarez
Rebeca Blanco Rotea
Relator/a
Felipe Arias
Rosa Benavides
Carolina Casal Chico
Juan Carlos Castro Carrera
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)