Primeiro diálogo: Física

Xornada. Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía

Primeiro diálogo: Física

Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía.

Martes, 22 de marzo de 2022
Santiago de Compostela
Xornada
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía

Primeiro diálogo: Física

Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía.

Martes, 22 de marzo de 2022 Santiago de Compostela
Iniciamos con esta actividade unha serie de diálogos interxeracionais que nos axuden a mellorar a nosa comprensión acerca dalgunhas das grandes transformacións acaecidas en Galicia durante os últimos cincuenta anos e a maneira en que eses fitos fundamentais da nosa historia recente poden influír no futuro da nosa sociedade.

Neste primeiro diálogo, centrado nas ciencias físicas, participarán Carlos Pajares Vales, profesor emérito e exreitor da USC; Elena González Ferreiro, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), e Clara Nieto Lado, alumna de primeiro curso do grao en Física. Agromarán neste encontro temas como a evolución da física de partículas en Galicia dende a súa orixe na Facultade de Química ata o actual IGFAE na USC, o impacto da informática na investigación e tamén na nosa sociedade (primeiro correo electrónico escrito en Galicia, evolución dende os primeiros ordenadores con tarxetas perforadas ata o actual Centro de Supercomputación de Galicia…), a colaboración e investigación en centros internacionais coma o CERN, cales eran e cales son agora as perspectivas laborais dos graduados e graduadas en Física, así como a cada vez máis importante relación entre muller e ciencia. Terán cabida tamén aspectos de índole persoal, por exemplo os relativos aos momentos máis gratificantes e máis difíciles dunha carreira científica.

Pensamos que o alumnado dun bacharelato de ciencias pode atopar un valor especial nesta actividade, polo que consideramos importante, ademais de contar cunha escolma deles como público presencial, gravar e editar un vídeo que poida ser empregado posteriormente como recurso didáctico. O lugar elixido para levar a cabo este diálogo é o Museo do IES Arcebispo Xelmírez I, que alberga a colección dos gabinetes de ciencias do antigo Instituto de Santiago.
ASISTENCIA
A actividade realizarase a porta pechada para o alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I.
LUGAR
IES Arcebispo Xelmírez I
Rúa da Poza de Bar, s/n
15705 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica
Xornada.
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía
Primeiro diálogo: Física
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía.
Cando
Martes, 22 de marzo de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

IES Arcebispo Xelmírez I
Rúa da Poza de Bar, s/n
15705 Santiago de Compostela

Coordinación
Javier Méndez Zunzunegui
Autoría
Carlos Pajares
Inauguración
Rosario Álvarez
Javier Méndez Zunzunegui
Manuel Portas
Elena Vázquez Cendón
Relator/a
Elena González Ferreiro
Clara Nieto Lado
Colabora
IES Arcebispo Xelmírez I
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)

Imaxe da portada: Paulo Porta