Luis R. Brage Villar. Obra e memoria

Luis R. Brage Villar. Obra e memoria

Presentación da publicación

Presentación. VIGO - Luns, 9 de maio de 2022
Información

Luis R. Brage Villar. Obra e memoria

Presentación da publicación

Presentación. VIGO - Luns, 9 de maio de 2022
O Consello da Cultura Galega (CCG), en coordinación co Departamento de Musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMVIGO), presentan a publicación Luis R. Brage Villar. Obra e memoria, editada polo Consello da Cultura Galega en 2020.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, o director do CSMVIGO, Esteban Valverde, o profesor do Departamento de Musicoloxía do CSMVIGO, Julio Alonso, e o autor do libro, o musicólogo, David Ferreiro presentan a publicación o próximo luns, 9 de maio de 2022 ás 19:00 horas, no Auditorio do CSMVIGO.

Trátase dunha obra que contextualiza e documenta a importancia do pedagogo, director e compositor Luis R. Brage Villar, autor de Follas novas, a rapsodia galega por excelencia. No limiar, o musicólogo Luís Costa di que “a través da exhaustiva biografía que aquí́ se presenta, o lector ou lectora pode percorrer o salón, o palco da música, as sociedades culturais e educativas, e ata o foso da orquestra do teatro ou do cine”.
Ficha técnica
Presentación.
Luis R. Brage Villar. Obra e memoria
Presentación da publicación
Data
VIGO - Luns, 9 de maio de 2022
Lugar

CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO
Rúa Manuel Olivié, 23
36203, Vigo