A factura do cambio climático e transición enerxética

Xornada.

A factura do cambio climático e transición enerxética

Mércores, 8 de xuño de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

A factura do cambio climático e transición enerxética

Mércores, 8 de xuño de 2022 Santiago de Compostela
É un feito demostrado que a Terra está inmersa nun proceso de cambio climático debido á acción humana. Os seus efectos sobre os equilibrios ecolóxicos do planeta están a ser estudados constantemente. Aos efectos que cómpre considerar, debe engadirse a variable económica, cada vez máis presente. Os cálculos sobre as perdas que está a causar e causará (tanto puntuais, por eventos extremos, como a medio e longo prazo) son necesarios para medir na balanza os custos das accións de mitigación necesarias e, polo tanto, xustificalas.

Canto nos está a custar e nos custará o cambio climático? Entre as medidas a emprender, ocupa un lugar destacado a transición enerxética dende o paradigma de combustibles fósiles. A canto ascende esta factura? Temos maneira de reducila a través de políticas axeitadas? Podemos facelo dunha forma xusta? E, sobre todo, compensaranos pagala?

Nesta xornada xúntanse persoas expertas nos fundamentos físicos do clima e do seu cambio con especialistas na economía do cambio climático, co obxectivo de dar unha resposta a estas preguntas.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
A factura do cambio climático e transición enerxética
Cando
Mércores, 8 de xuño de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
María Loureiro
Jorge Mira Pérez
Relator/a
Susana Bayo Besteiro
Beatriz Hervella Nogueira
Xavier Labandeira Villot
María Loureiro
Juan Taboada Hidalgo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)