Concerto das Letras Galegas 2022

Concerto

Concerto das Letras Galegas 2022

O BARCO DE VALDEORRAS - 16 de maio de 2022 ás 20 horas
O Barco de Valdeorras
Concerto

Concerto das Letras Galegas 2022

O BARCO DE VALDEORRAS - 16 de maio de 2022 ás 20 horas O Barco de Valdeorras
O Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras, o seu tradicional "Concerto do Día das Letras Galegas", que terá lugar o 16 de maio de 2022 ás 20:00 horas, no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, na véspera festiva do día grande en que Galicia enteira, seguindo á Real Academia Galega, homenaxea ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, nacido en Córgomo e exiliado en México.

Dentro do programa, o grupo Zoar interpretará obras de Adolfo Salazar, Jesús Bal y Gay, Rodolfo Halffter, Frederic Mompou e Gerardo Gombau, e a soprano Clara Jelihovschi Panas porá voz a poemas de Amado Carballo, Ramón Cabanillas e Florencio Delgado Gurriarán.

Tamén terá lugar a estrea da peza “Diásporas” de Carme Rodríguez sobre textos de Florencio Delgado Gurriarán, encargada polo Consello da Cultura Galega para esta celebración.
Ficha técnica
Concerto.
Concerto das Letras Galegas 2022
Data
O BARCO DE VALDEORRAS - 16 de maio de 2022 ás 20 horas
Lugar