Memoria e historia do traballo no mar en Galicia, 1931-1939. República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista

Ciclo. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Memoria e historia do traballo no mar en Galicia, 1931-1939. República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista

República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista

Martes, 5 de xullo de 2022
Santiago de Compostela
Ciclo
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Memoria e historia do traballo no mar en Galicia, 1931-1939. República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista

República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista

Martes, 5 de xullo de 2022 Santiago de Compostela
Desde a I Guerra Mundial, Galicia viviu un amplo desenvolvemento do asociacionismo mariñeiro derivado da implantación de modelos e relacións de produción capitalista. Aquel proceso viuse aumentado coa chegada da Segunda República, en parte pola afección que o novo réxime democrático suscitou entre as comunidades das vilas do litoral galego. Esa identificación determinou un novo percorrido político-social dos traballadores do mar entre 1931 e 1936.
En paralelo, co auxe do asociacionismo mariñeiro xurdiu a loita contra os tradicionais pósitos de pescadores, cuxas iniciativas conciliadoras, paternalistas e interclasistas sempre foron rexeitadas polos novos protagonistas, agora encadrados en potentes sindicatos de clase que, en moitas ocasións, colaboraron coa política local republicana. Tal foi a afinidade, por exemplo no litoral coruñés, entre a central maioritaria CNT e a ORGA/PRG de Casares Quiroga.
A resultante final foi a penetración das forzas esquerdistas nos moderados pósitos de pescadores, tanto pola militancia socialista ou comunista coma pola encadrada polo mítico El Despertar Marítimo.
Tras a sublevación militar de xullo de 1936, a desafección nas vilas mariñeiras cara ás novas autoridades resultou nítida e permanente. A carón da dura represión exercida contra os sindicatos de clase e a militancia esquerdista, agromou unha resistencia episódica cuxa manifestación máis evidente está representada polas evasións por mar e as redes tecidas para argallar aquelas fugas.
Ficha técnica
Ciclo.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Memoria e historia do traballo no mar en Galicia, 1931-1939. República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista
República, asociacionismo mariñeiro e represión franquista
Data
Martes, 5 de xullo de 2022
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Francisco Xavier Redondo Abal
Modera
Pilar Cagiao
Presenta
Rosario Álvarez Blanco
Cristina Sánchez-Carretero
Relator/a
Eliseo Fernández
Emilio Grandío
Bernardo Máiz Vázquez
Dionisio Pereira
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Imaxe da portada: Grupo de militantes anarcosindicalistas vigueses co xornal da Federación Regional Marítima El Despertar Marítimo. Entre eles está de pé e no centro o líder da mesma, José Villaverde. 1927. Fondo José Villaverde, depositado na RAG.