Novas voces, éxitos eternos

Ciclo. Literarias todas

Novas voces, éxitos eternos

Os premios nacionais levan nome de muller (II)

Xoves, 15 de setembro de 2022
Santiago de Compostela
Ciclo
Literarias todas

Novas voces, éxitos eternos

Os premios nacionais levan nome de muller (II)

Xoves, 15 de setembro de 2022 Santiago de Compostela
A literatura galega experimentou por volta do cambio de século unha serie de mudanzas, tanto no nivel estético coma no profesional, vinculadas, en boa medida, coa chegada dun importante número de mulleres aos espazos de visibilidade. Fenómenos como a renovación estética, a diversificación das estratexias de procura de públicos, a internacionalización dos mercados e as novas formas de edición non só teñen lugar no nivel sistémico, senón que tamén poden ser analizados con perspectiva de xénero, amosando deste xeito un interesante punto de vista para a análise da posición das mulleres no campo cultural galego.

Co ciclo Literarias Todas, o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega desexa abrir un espazo de reflexión a tres bandas, entre escritoras, outras axentes do espazo literario galego e o público lector, co fin de sondar a realidade da literatura feita por mulleres en Galicia e os retos que se presentan neste eido para o futuro inmediato.

No pasado semestre inauguramos o ciclo Literarias Todas cunha das cuestións adoito debatidas arredor da posición das escritoras no sistema literario: a súa relación cos procesos de visibilización e canonización. Presentamos agora a segunda entrega, que continúa aquel primeiro debate coas mulleres recoñecidas, en distintas categorías dos Premios Nacionais do Ministerio de Cultura. Hoxe, as nosas convidadas conducirannos a unha reflexión arredor da proxección exterior da literatura galega a través do noso xénero máis internacional, a literatura infantil e xuvenil, e a través, tamén, da actividade sen a que non existirían os intercambios entre literaturas, a tradución.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica
Ciclo.
Literarias todas
Novas voces, éxitos eternos
Os premios nacionais levan nome de muller (II)
Cando
Xoves, 15 de setembro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Inmaculada López Silva
Participante
María Alonso Seisdedos
Fina Casalderrey
Ledicia Costas
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)