18:00 horas
Presentación
Celia Pereira Porto, coordinadora da Sección de Pensamento do CCG
18:15 horas
Dereitos e discriminación na “nova normalidade”: unha mirada iusfeminista
Maggy Barrère Unzueta dialoga con Xermán Varela
Maggy Barrère Unzueta
Donostia, 1957. Catedrática de Filosofía do Dereito e directora da Clínica Jurídica por la Justicia Social da Facultade de Dereito da Universidad del País Vasco (UPV/EHU). As súas publicacións versan sobre a filosofía analítica, o dereito antidiscriminatorio, o iusfeminismo e a revisión das ensinanzas xurídicas. Entre as últimas destacan: Feminismo y Derecho. Fragmentos para un Derecho antisubordiscriminatorio (2019); La violencia de género desde una perspectiva sistémica y su proyección en la cultura jurídica (2019); La introducción de la interseccionalidad en el derecho con especial referencia a la legislación sobre igualdad de mujeres y hombres (2021); Discriminación, género e interseccionalidad en el Derecho Penal (2021) e Igualdad y no discriminación en tiempo de pandemia (2021, en coautoría).
Xermán Varela Castejón
Pontevedra, 1975. Maxistrado dende 2001, participou na dirección da Revista Xurídica Galega, membro de Jueces y Juezas por la Democracia, Grupo de Estudios de Política Criminal e Grupo de Estudos Xudiciais. Membro da comisión que redactou o Dicionario Xurídico Galego. A súa actividade profesional e publicacións céntranse en aspectos de Dereito Procesual e Dereito Penal.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205