Por que é salgada a auga do mar ?

Artes escénicas. Festiletras

Por que é salgada a auga do mar ?

Os Quinquilláns no Festiletras

Venres, 2 de setembro de 2022
Ponteceso
Artes escénicas
Artes escénicas Festiletras

Por que é salgada a auga do mar ?

Os Quinquilláns no Festiletras

Venres, 2 de setembro de 2022 Ponteceso
A colaboración que anualmente establece o Consello da Cultura Galega coa Fundación Pondal para a realización do Festiletras leva nesta edición de 2022 aos Quinquilláns á Aldea do Couto en Ponteceso.
A eira da Praza do Quinteiro acollerá a representación de Por que é salgada a auga do mar?, unha obra na que a tripulante RÍAS BAIXAS e o tripulante NORAI interpretan a dous científicos con dúas hipóteses para explicar a salinidade das augas do mar. Mentres NORAI cre máis nas teorías científicas, RÍAS BAIXAS pensa que é grazas a unha lenda cuxos protagonistas viviron nun lugar moi preto. Tras representaren a lenda da auga do mar, os dous tripulantesorganizan unha grande expedición aos fondos mariños encontrándose con peixes xigantescos e facendo partícipes a toda a comitiva de grandes descubrimentos.
Desde 1989 a compañía de Os Quinquilláns vén realizando espectáculos de rúa, infantís, montaxes de sala, escenificacións ad hoc e visitas teatrais. Entre as súas montaxes destacan As Viaxes Fantásticas 1996, Irmandiños1998, Moby Dick 2004, A Diáspora 2005, O Mago de Oz 2005, No fondo do mar 2007, Arrieiros 2008, Francesco e os paxaros (distribuída tamén en Italia e Francia ), Merlín 2013 e O Capricho do teatro, baseada na obra de Roberto Vidal Bolaño.
A partir de 2013 a compañía especializouse en visitas teatrais con numerosas representacións en lugares emblemáticos da cultura galega como o: Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, dolmen de Dombate, castro da Cidade de Borneiro, castro de Santa Tegra, castelo de Vimianzo, Castelo de Monterrei, castelo de Moeche, castelo de Sobroso,A Batalla de Altamira en Brión, Torres do Allo en Zas, Pazo de Oca, Ribadeo Indiano, Batalla de Cacheiras en Teo, Per Caminho de Lampai en Teo ou A Raíña Lupa e o Encanto do Pico Sacro en Boqueixón entre outras moitas.
Máis información en www.festiletras.gal
Temáticas
Ficha técnica
Artes escénicas.
Festiletras
Por que é salgada a auga do mar ?
Os Quinquilláns no Festiletras
Data
Venres, 2 de setembro de 2022
Lugar

Fundación Pondal
Praza do Quinteiro
O Couto s/n
15110 Ponteceso