Ciclo de cine "Nalgures"

Ciclo

Ciclo de cine "Nalgures"

Proxección

28 ao 30 de setembro de 2022
Santiago de Compostela
Ciclo

Ciclo de cine "Nalgures"

Proxección

28 ao 30 de setembro de 2022 Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega colaboa coa organización do Ciclo de cine "Nalgures", que terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea os días 28, 29 e 30 de setembro de 2022, e que se realiza no contexto da exposición de Narelle Jubelin, que se pode visitar no CGAC até o 16 outubro de 2022.

A exposición Nalgures subliña a atención de Narelle Jubelin (Sidney, Australia, 1960) sobre aquelas realidades que a linearidade da historia oficial esquece. Con esa vontade, abraza as subalternidades duns e doutros contextos, propios e alleos, para revisar memorias que nos permitan definir a nosa actitude diante deses feitos.

Nalgures (2022), The Housing Question (Helen Grace e Narelle Jubelin, 2019) e The Third Space (2012-2013) son as tres pezas fílmicas que forman parte da exposición Nalgures. As tres están fiadas pola artista coma se fosen tecidos, utilizando distintas capas interrelacionadas. Un deses fíos, que aparece constantemente, é a posta en valor do comunitario e do habitacional. Para iso Narelle Jubelin indaga en memorias individuais que sempre nos conducen á colectividade e á comunidade.

A inclusión dunha serie de fotografías de Anna Turbau dentro de Nalgures remarca a vontade de Narelle Jubelin de escoller imaxes que nos devolven a unha realidade fragmentaria do contexto galego. Baixo o ollar de Turbau, foránea coma ela, tenta afondar nun conflito desenvolvido nos primeiros anos da transición democrática, cando o poder continuaba a ser caciquil, poñendo o foco na contestación popular á construción da autoestrada AP-9, onde están moi presentes conceptos como apropiación e usurpación.

Este ciclo de cine e conversas quere achegarse a eses momentos de conflito, a partir de conceptos como territorio, memoria e identidade.

Teresa Moure, lingüista e escritora, achegará a súa lectura e conversa, tanto cos filmes programados como coa fotógrafa Anna Turbau, e a cineasta Margarita Ledo, dúas autoras que compartiron contexto e experiencias nesa Galicia en tránsito da Transición.
Ficha técnica
Ciclo.
Ciclo de cine "Nalgures"
Proxección
Data
28 ao 30 de setembro de 2022
Lugar

Centro Galego de Arte Contemporáneo
R. de Ramón del Valle-Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
A Coruña

Participante
Margarita Ledo
Teresa Moure
Anna Turbau
Colabora
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Organiza
Centro Galego de Arte Contemporánea
Centro Galego de Arte Contemporánea