Segundo diálogo: Enxeñaría de Camiños

Ciclo. Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía

Segundo diálogo: Enxeñaría de Camiños

Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía

Centro de Interpretación da Batalla e o patrimonio cultural de Rande, 11 de outubro de 2022
Redondela
Ciclo
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía

Segundo diálogo: Enxeñaría de Camiños

Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía

Centro de Interpretación da Batalla e o patrimonio cultural de Rande, 11 de outubro de 2022 Redondela
Logo do primeiro encontro arredor da física, este diálogo centrarase na enxeñaría de camiños e nel participarán Ramón Ramos Duro, durante moitos anos enxeñeiro responsable da Unidade Técnica de Audasa; Ana Fernández Prieto, directora das obras de ampliación da ponte de Rande, e Noelia Fernández Rodríguez, alumna de mestrado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.

Trataranse neste encontro temas como os estudos de enxeñaría antes e agora, o impacto da informática nos cálculos que precisan facer os enxeñeiros, a incorporación da muller aos estudos superiores técnicos e as perspectivas laborais pasadas e futuras dos graduados e graduadas en Enxeñaría de Camiños. Abordaranse tamén aspectos de índole persoal, por exemplo os relativos aos momentos máis gratificantes e máis difíciles dunha carreira técnica.

A actividade terá lugar no Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, en Meirande (Redondela). Esta localización permitiranos estar ao pé dunha obra icónica da enxeñaría de camiños en Galicia: a ponte de Rande, que foi todo un reto, non só no seu deseño e construción, senón tamén na súa posterior ampliación.

Pensamos que o alumnado dun bacharelato de Ciencias pode atopar un valor especial nesta actividade, polo que consideramos importante, ademais de contar cunha selección deles como público presencial -nesta ocasión alumnado de bacharelato do IES de Chapela-, gravar e editar un vídeo que poida ser empregado posteriormente como recurso didáctico.
Ficha técnica
Ciclo.
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía
Segundo diálogo: Enxeñaría de Camiños
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía
Data
Centro de Interpretación da Batalla e o patrimonio cultural de Rande, 11 de outubro de 2022
Lugar

Centro de Interpretación da Batalla e o patrimonio cultural de Rande
Fábrica do Alemán
Lugar de Rande s/n
(Rande) Redondela
https://meirande.redondela.gal/

Coordinación
Javier Méndez Zunzunegui
Inauguración
Rosario Álvarez
Antonio Bas Corujeira
Isabel Martínez Lage
Digna Rivas
Elena Vázquez Cendón
Modera
Alberto Varela
Participante
Ana Fernández Prieto
Noelia Fernández Rodríguez
Ramón Ramos Duro
Colabora
Concello de Redondela
Concello de Redondela
ETSE de Camiños, Canais e Portos
IES de Chapela
IES de Chapela
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)