María Xosé Agra Romero

Xornada. De pioneiras e andainas

María Xosé Agra Romero

Na escoita da xustiza

Xoves, 27 de outubro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada
De pioneiras e andainas

María Xosé Agra Romero

Na escoita da xustiza

Xoves, 27 de outubro de 2022 Santiago de Compostela
A igualdade e a xustiza esixen escoitar as voces das mulleres, as das que consideremos como “nosas” e as das que concibimos como “outras”
María Xosé Agra

Escoitar. Nun mundo cheo de ruído, a capacidade para outorgarlles valor á voz e ás súas tonalidades reflicte a profundidade e a importancia do pensamento de María Xosé Agra. Catedrática de Filosofía Política, investigadora, creadora de redes feministas e mestra de moitas xeracións de alumnos e alumnas da Facultade de Filosofía.

Muller comprometida co pensamento e o feminismo, nunca descoidou o cosido das ideas coa acción e o compromiso. Creadora de espazos para a reflexión, foi quen de dar forma no CCG a unha Comisión de Xénero que, co devir do tempo, se convertería no Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Este ano 2022 o CDIF dedica a xornada De Pioneiras e Andainas a quen foi a súa primeira directora.

Nesta xornada propomos, máis alá de volver sobre os seus numerosos libros e artigos ou sobre as súas moitas achegas aos espazos documentais e de arquivo, revisar décadas de andaina feminista en Galicia ollando os retos de futuro. Neste obxectivo estaremos acompañadas por investigadoras novas que grazas aos moitos camiños abertos seguen debullando os conceptos e as complexidades que rodean a filosofía feminista. Tamén poderemos gozar da experiencia de persoas que compartiron os tempos de tecer comunidades con María Xosé Agra. Comunidades de acción e pensamento que dan conta do compromiso da nosa homenaxeada coa cultura galega en sentido amplo.

As múltiples voces que compoñen esta xornada son só unha pequena mostra das que poboan a cartografía da nosa pensadora galega. Con elas e coas vosas propomos xerar un diálogo conxunto. Agardamos acollervos para poder gozar desta escoita compartida.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
De pioneiras e andainas
María Xosé Agra Romero
Na escoita da xustiza
Cando
Xoves, 27 de outubro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
María Xosé Porteiro García
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega