Os cruceiros góticos de Galicia
A unha voz na metade do Reino
30 de novembro de 2022
Melide
O 4 de decembro de 2020 conmemoramos o quinto centenario dun acontecemento de gran relevancia histórica: a asemblea de cabaleiros e prelados do Reino de Galicia reunidos en Melide para facerlle chegar unha serie de peticións ao monarca Carlos I en nome dos señores galegos. Da celebración derivou a obra colectiva A unha voz na metade do Reino. Cincocentos anos da Xunta de Melide, que foi presentada no mesmo lugar e data no ano seguinte e á que se pode acceder libremente no catálogo de publicacións do Consello da Cultura Galega.
Por isto, dende o Museo da Terra de Melide, xurdiu a idea de realizar cada ano nesa altura unhas xornadas dedicadas a fomentar e divulgar diversos aspectos culturais, históricos, artísticos e patrimoniais enmarcados na Baixa Idade Media e nos inicios da Idade Moderna, de interese para toda Galicia e nos que Melide, na súa centralidade, tivese certo protagonismo. Este ciclo de periodicidade anual ten como título A unha voz na metade do Reino e bota a andar da man do Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Museo da Terra de Melide e o apoio do Concello de Melide.
A xornada de 2022 centra a atención nos cruceiros góticos de Galicia, dos que só se documentan dezanove exemplos. Os especialistas consideran que en Melide se conserva o máis antigo dos recoñecidos ata hoxe.
O obxectivo da xornada é poñer de relevo o conxunto “Cruceiros Góticos de Galicia” e dar a coñecer estas xoias patrimoniais, existentes antes das ideas contrarreformistas xurdidas en Trento, que logo fixeron proliferar a erección de cruceiros. O programa centrarase na análise e explicación destas pezas patrimoniais, que revisten unha importancia capital tanto no conxunto monumental da nosa terra como na mentalidade colectiva.
Xornada
Os cruceiros góticos de Galicia
A unha voz na metade do Reino
30 de novembro de 2022
Melide
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
Os cruceiros góticos galegos
Fernando Arribas
18:45 horas
O cruceiro gótico do Home Santo de Santiago de Compostela
Clodio González Pérez
19:15 horas
Dous cruceiros góticos da Costa da Morte: o de Fisterra e o dos Santos ou de Cheis (Bamiro, Vimianzo)
Xosé María Lema
19:45 horas
O cruceiro de Melide, o máis antigo de Galicia
Xurxo Broz Rodríguez
20:15 horas
Debate
LUGAR
Centro Sociocultural Mingos de Pita
Rúa Galicia, 16-20
Melide (A Coruña)
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
Acceso libre até completar a capacidade da sala.
Xornada
Os cruceiros góticos de Galicia
A unha voz na metade do Reino
30 de novembro de 2022
Melide
Solicita a túa inscrición
Os cruceiros góticos de Galicia
A unha voz na metade do Reino
Xornada. 30 de novembro de 2022