XVIII Xornada de Normalización Lingüística - Escolas Católicas de Galicia

Xornada

XVIII Xornada de Normalización Lingüística - Escolas Católicas de Galicia

18 de novembro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

XVIII Xornada de Normalización Lingüística - Escolas Católicas de Galicia

18 de novembro de 2022 Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega colabora coas Escolas Católicas de Galicia acollendo a XVIII Xornada de Normalización Lingüística, organizada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que terá lugar o 18 novembro de 2022 no Salón de actos do Consello da Cultura. Será a primeira ocasión en que se analiza a figura elixida pola RAG para renderlle homenaxe nas Letras Galegas a partir do mes de xaneiro.

Especialmente dirixida a profesorado de galego das Escolas Católicas de Galicia, está aberta tamén ao de centros públicos e privados. Ademais, ofrécense recursos e ferramentas para axudar a avanzar no uso e no ensino do galego, coñécense boas prácticas e “poñen o ramo” á xornada co recoñecemento a algunha persoa destacada no ámbito do fomento da lingua e da cultura galegas como foi o caso, por exemplo, de D. Elixio Rivas, de Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade, Marica Campo ou ao Irmán Reboiras.
Ficha técnica
Xornada.
XVIII Xornada de Normalización Lingüística - Escolas Católicas de Galicia
Data
18 de novembro de 2022
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Colabora
Consello da Cultura Galega
Organiza
Escolas Católicas Galicia